¡Non quero, non quero, non quero...!

Se fose unha nena pequena, estaría berrando "¡non quero, non quero, non quero!..." Pero sei que con iso non logro nada máis que gastar enerxías... e non estou eu para desperdiciar a pouca que teño. Creo que dende que comecei primaria, odio os spots de El Corte Inglés, sobre todo a musiquiña esa de "volver a empezaaaaaar, otra vez...". O que máis me motiva da volta á clase (ás veces, o único) é ver aos compañeiros, aínda que hai algúns que me dan máis ganas aínda de quedar na casa, jajaja... Pero o que é volver a coller a rutina e prepararme para traballar... ¡non me apetece nada!
Penso que despois de 3 meses de calorciño, praia, festas e tempo para min e para facer o que me apetece, isto é un cambio demasiado brusco. Síntome egoísta, porque sei que a maioría dos mortais teñen 1 mes de vacacións como moito e menos mal, e algúns nin iso... Pero viviría así un mesiño máis, só de pensar o que me vén enriba. Sei que, cando comece, verei as cousas doutro xeito. Pronto me adaptarei aos madrugóns, a coller o coche a diario, a pasar sentada bloques de hora e media tomando apuntes, a comer ás 3 da tarde, a chegar tan cansa á casa pensando só en tumbarme no sofá, a pasar tardes na facultade traballando con 3 persoas máis para un grupo de 10... E sempre tendo presente que, nesta vida, hai que estar preparada para todo e que ninguén me garantiza que o meu futuro traballo estea relacionado coa carreira á que lle dedico 4 anos da miña vida... Arrea, ¿realmente é duro ou estou moi mal acostumbrada?