Setembro, setembro...
Non teño a síndrome post-vacacional porque esa é a vantaxe de non ter vacacións. Agora ben, como hai para todos, a cambio teño unha enorme falta de concentración que me impide afrontar como é debido o exame do próximo venres, o primeiro (e agardemos que último) que teño en setembro.
Non pensei que fose tan duro. Imaxinei que ao estar o verán practicamente rematado, non me custaría poñerme a estudar. Pero non é así.
Igual inflúe non ter descansado o suficiente durante o verán, ou andar coa cabeza en máis sitios que nos apuntes. Nas prácticas, nas festas da miña parroquia que acaban de pasar -e das que a ver se falo nalgunha outra ocasión, porque cumpriron 150 anos-, nos preparativos para marchar en outubro...
Buf.
Seguro que dentro duns días se verá todo mellor...
Espero.
(E ánimo a todos os que pasedes por algo semellante)

Etiquetas: así me vai, exames, xornalismo
7 Comments:
At 10:37 p. m.,
cneirac said…
Non vale avisar das festas a touro pasado e dos exames con antelación. Terías que facer ao revés!
A ver se unha temporadiña manexándote pola Inglaterra che aprenden a conducirte ao revés.
Parabéns (atrasados) polo 2º aniversario. Sorte e forza para o exame.
At 11:59 a. m.,
Anónimo said…
Ánimo que,por diferentes razóns, todos o precisamos pero alguén moi intelixente dixo unha vez: " Sólo un principio te dará valor, aquel que dice que ningún mal dura para siempre,ni siquiera mucho tiempo".
Para diante Sara!!
At 5:47 p. m.,
Anónimo said…
Vinte o outro dia na facultade e me fixeches desexar volver a ser novo....
At 11:52 a. m.,
Unknown said…
Espero que sairan moi ben os examenes
At 4:09 a. m.,
Anónimo said…
Inglaterra, un bo destino. É un lugar ó que creo que a moitos nos gustaría ir, pero imos pospoñendo a viaxe porque dicimos que podemos ir en calquera momento. E ese momento non da chegado.
Ti que xa vas a estar pronto alí desfrútao, que debe ser un bonito lugar para vivir.
At 4:02 p. m.,
Murrucha said…
Veña para adiante mossaaa!! quen te vera polas terras de UK. Seguro que o vas pasar moi ben nenena. Ti vas e eu volvo, asi son as cousas. Espero verte pronto e q me contes como che vai, no messenger etc. Claro que tamen me gusta a idea de facerche unha visita.
Bicos rula
At 10:13 p. m.,
paideleo said…
Desfruta da viaxe ó Norte.
Graciñas pola felicitación para o Leo. Xa pensei que desapareceras do blogomillo e tiven que mandarche recado por Elianinha.
Publicar un comentario
<< Home