Mundo á parte

16 julio, 2007

'Y sin embargo...'


"Ni siquiera en verano se puede permitir un concierto al aire libre en Galicia, hombre!", dicía onte un mozo cabreado trala suspensión do concerto de SabinaeSerrat. Máis que cabreo, eu sentín pena cando a chuvia empezou a mollar de máis. Nin o bombín dun, nin a improvisada viseira do outro podían tornar a insistencia da auga, e moito menos as escasas teas que "arroupaban" o escenario, que para iso mellor preparadas están as orquestras verbeneiras de toda a vida...
Pero eu xa levaba un bo rato soñando esperta entre corcheas e dozura, gozando de poemas melódicos nun "marco incomparable" -que outra cousa ían dicir os dous xílgaros!-, nunha noite que, ao comezo do espectáculo, se presentaba máxica.
De feito, así llo transmitín vía sms á miña compañeira de AGN, que esperaba polas primeiras impresións do concerto para mandar esas crónicas enlatadas que aparecen sempre horas despois nos kioskos. A xente entregada, 10 min. de retraso, Sabina e o primo Nano entran da man e bromean entre eles. Louvan o Obradoiro, louvan o público.
Porén, unha hora despois, o que "ía ser un gran día", como dicía a primeira canción, convertiuse nunha morea de protestas. O público só rentabilizou a metade dos trinta euros que pagara pola entrada e estaba moi enfadado coa organización.
Razóns non lle faltaban, pero hoxe, mirando un pouco a prensa en internet e esas crónicas enlatadas, vin que a xente protesta por máis cousas. Lin comentarios nos que se queixaban do son, das voces, de que non había cadeiras para sentarse... Que sei eu. Ata había quen insultaba aos cantantes...
Quedoume claro que non choveu a gusto de ninguén. Comprendo a indignación, a dor dos que puxeron 30 euros e o gasoil, a dos que quedaron sen 'Cultura Quente' e a dos que fixeron centos de km para chegar ao concerto... Y sin embargo, eu quedo con eses escasos 60 minutos de delicias, tenrura e simpatía feitas versos.

Etiquetas: ,

14 Comments:

  • At 7:01 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Ti debes de vivir nos mundos de yupi. o proxecto de concerto foi unha estafa e unha vergonza.
    co que cobran podian ter un escenario a proba de bomba e nin sequera os protexe da choiva.
    hai xente que veu dende Barcelona para nada.
    Esto é imperdonable.

     
  • At 8:10 p. m., Blogger *Sara said…

    Esperaba comentarios así, pero o que escribo fágoo dende unha óptica persoal que non ten por qué coincidir coa da maioría, empezando porque as circunstancias nas que eu fun ao concerto seguramente non foron as da gran parte do público.
    Non por iso considero que o concerto estivo ben organizado, senón ao contrario, pero eu prefiro quedar co positivo porque para min, PERSOALMENTE, non supuxo unha gran perda en ningún sentido que se suspendera.
    E, dende logo, síntoo polos que estades no caso contrario.

     
  • At 7:43 p. m., Anonymous Anónimo said…

    “E porén...”
    Semella que o outro anónimo non entende que hai xente que non precisa que todo saia perfecto ao cento por cento para pasalo ben. Eu tamén tiven que vermas cun par de bestas que estaban tras de min e non paraban de berrar que non se escoitaba nada. Cando me acabaron coa paciencia din a volta e díxenlles que se calaban igual se escoitaba mellor. E si, era certo que a partires das escadas da catedral, cara a beira dereita na que nos atopabamos, non se escoitaba ben, especialmente a Serrat; pero amigo, mea culpa por non chegar antes para coller bo sitio.
    Hai que entender que ese escenario é co que realizan toda a xira polo estado español, e no resto non houbo queixa. É normal que non estivera preparado para as condicións climatolóxicas adversas destes tempos (maldito cambio climático que nos vai deixar sen verán ;). Non só a chuvia, o vento tamén foi o culpable de que fallase o son, e o Obradoiro non ten a mellor acústica do mundo como xa teño comprobado (a Quintana soa moito mellor, pero alí o prezo das entradas sería carísimo pois o aforo e moito máis limitado).
    En fin, que eu tamén vexo o vaso medio cheo, e para min tamén houbo momentos máxicos pese a todo (esas letriñas caendo polos panos do fondo, esa pequena dramaturxia entre os cantantes dialogando entre eles no medio dunha canción...). Todo é máis fermoso cando se ten conta dos pequenos detalles.
    Ademais, eles xa o anunciaban no título do concerto: “Dous paxaros dun tiro”, e tan certo, fixeron a metade do concerto e cobraron o mesmo... mágoa que non saíran polo menos a despedirse. Outra vez será.

     
  • At 9:57 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Outra que non se da conta de que se están a rir de nos.
    e que me decides de que o concerto de pontevedra comezase con imaxes de Gabilondo ironizando sobre que o concerto estaba mal organizado e que sabina e serrat estaban desaparecidos????
    Con ese video estabanse rindo dos que foron a santiago e pareceme unha falta de respeto moi grande.
    e o jaleo de pontevedra tamén é outra historia.
    Os do top manta son mais agradecidos cando lle compras un disco que eses dous paxarracos.

     
  • At 12:29 a. m., Anonymous Anónimo said…

    As cousas non saíron ben e o de Pontevedra produciuse onte. Eu non estiven alí para saber que pasou, máis que a través da prensa. Pero tampouco hai que botarlle a culpa aos cantantes, que non son eles os que montan o escenario nin os videos!!

     
  • At 6:14 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Para anónimo 3, de parte de anónimo 2. 1º, non sei de onde sacaches que son "outra", para que vexas que xa comezaches metendo a zoca, direiche que en todo caso son "outro". Creo que tes uns preconceptos demasiado marcados e dos que deberias liberarte, serias máis feliz, seguro. 2º, creo que como a maioría da xente normal, considero importante o feito de saber rirme de min mesmo como acción moi saludable. Se non entendes que esa ironía da que falas é unha maneira de pedir disculpas polo que pasou, apagha e vámonos. Non hai que estar buscando sempre o lado malo das cousas, nin ser tan desconfiado. Entendo que cando un está resentido, é moi susceptible de malinterpretalo todo. Repito, eu tamén estiven alí e tampouco escoitei, pero non vou facer un drama de algo así. Si todas as mágoas foran esas...

    Pstd; por se hai algunha réplica, e como non me gusta nada iso de identificarme como "anónimo II", firmaréi os meus comentarios como... Peixe Abisal

     
  • At 11:12 p. m., Blogger Suso Lista said…

    Está claro que se ven as cousas desde ópticas diferentes. Pos que se sentiron puteados, unha putada, pos que non, pois estuvo ben. Non creo que nadie convenza a nadie, asique...pelillos a la mar. Eu personalmente, sigo preferindo a musica enlatada

     
  • At 11:25 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Para o peixe abismal!!!
    ti tamén das por suposto que eu estou resentido e non sei cantas cousas máis. Pois mira, non tes nin idea pq eu non fun a ningún dos dous concertos.
    Entón non opino dende o resentimento senón dende o que me parece a min, vendoo dende fora.
    A min o dos videos non m parecen maneiras de pedir desculpas. A xente agradeceria máis que eles dous, micro en man, as pediran. e que cando teñan un oco dean outro concerto en santiago para a xente que neste so escoitou 50 minutos. Pq a fin e o cabo a xente que no seu día comprou a entrada non queria os cartos, quería escoitalos a eles.
    ESO SERÍA PEDIR DESCULPAS!!!!

    Outra cousa, eu so dou a miña opinión e pícates todo sen motivo. Entón empezas a soltar unha parrafada... e xa quedas contento.

    PD: Por suerte son moi feliz, non como ti pensas. que tamén das cousas por supostas!!!

    veña, eu tamén firmo:O QUE SE PARTE DE RISA

     
  • At 8:59 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Para "o que se parte de risa": eu non din por suposto que estiveses resentido de forma gratuíta, ti mesmo dixeches: "Outra que non se da conta de que se están a rir de nos." Cando un ten a sensación de que se están a rir del, é por algo ("el q se pica ajos mastica", que diría un español.)
    Por certo, non digas que só das a túa opinión, porque a túa mensaxe implicaba unha clara unha actitude crítica contra o meu comentario (vid. cita anterior), non vaias de inocente. E si, quedo moi contento botando parrafadas, que é o meu e estou no meu dereito, o mesmo ca ti.
    Alégrome de que por "suerte" sexas moi feliz.
    Por último,dicirche que firméi como Peixe Abisal, non "abismal". Unha vez máis, un exemplo da importancia dos pequenos detalles: un só grafema pode modificar por completo o significado dun sintagma.
    Deica!

     
  • At 9:35 p. m., Anonymous Anónimo said…

    se eu non teño nada en contra tua, se no fondo o que me das é pena.

     
  • At 8:06 p. m., Blogger Murrucha said…

    Ola Sariña, por Pontevedra o concerto para min ben, pero porque cheguei 2 horas antes que se non... ao mellor quedaba fóra como os máis de 500 que se desquiciaron berrando. Menuda empresa organizadora!!! é para arrincarse os pelos da cabeza.

    Bikiños e xa falaremos

     
  • At 12:29 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Hola...atopeiche de casualidade, buscando outra cousa, pero chamoume a atención o teu blog.

    So quero dicir que estou completamente contigo. Que ese rato que disfrutamos non hai quen o pague...e que ata eu, que ando falto de cartos, sabendo o ben que estivo, pagaría mais de trinta euros por vivilo de novo. Incluindo a decepcion pola choiva.

    Teño mais cousas que dicir ó respecto, pero vendo certas respostas a verdade é que co cansanzo que levo quitánseme as ganas.

    Un saúdo.

     
  • At 3:46 p. m., Anonymous Anónimo said…

    It isn't hard at all to start making money online in the hush-hush world of [URL=http://www.www.blackhatmoneymaker.com]blackhat video[/URL], You are far from alone if you haven’t heard of it before. Blackhat marketing uses little-known or little-understood ways to generate an income online.

     
  • At 5:14 a. m., Anonymous Anónimo said…

    top [url=http://www.xgambling.org/]free casino bonus[/url] brake the latest [url=http://www.realcazinoz.com/]online casino[/url] unshackled no store perk at the chief [url=http://www.baywatchcasino.com/]casino
    [/url].

     

Publicar un comentario

<< Home