Mundo á parte

07 julio, 2007

( II ) Pause

Ás veces todo vai tan a présa que nin sequera hai tempo de asimilar as novidades. Na última semana, fun dando chimpos de aquí para alí, sen ter moito tempo para pensar máis que no que se vai poñendo diante dos ollos día a día.
Trala última cea oficial de Xornalismo 13, un saltiño a London. Logo, do underground ao avión de novo, pasando brevemente polo porto de Southampton, e de Lavacolla directamente en taxi ao noso novo destino estival.
Como agardo ver unha crónica "allea" da viaxe por Londres (non sei se textual ou visual), limítome a comentar que na axencia hai moito traballo, pero que se fai a gusto.
E nada, que estou espesa.
Agora mesmo só penso en que máis lle vale ao sol resistir con forza como mínimo ata mañá, porque nada me apetece máis que ulir a salitre...

Etiquetas: , ,

3 Comments:

  • At 1:22 p. m., Blogger Elianinha said…

    Que tal te tratan, moza? Tenme informada, eh. O 29 de xullo (domingo) haberá un xantar na miña casa. Dillo a María M., que os teatreiros temos un encontro na maison presidencial ;)

    Un bico, e moita sorte.

     
  • At 9:48 p. m., Blogger elduende said…

    Ben, pois moita sorte na Axencia de Axencias a vostede e máis a súa familiar. E se teñen problemas acudan do señor JR, que ten vocación de superheroe ;)

    Lamento non ter estado na oficina do máis importante diario en galego de Sumeria e Mesopotamia, pero as vacacións son as vacacións. Iso quere dicir, en todo caso, que temos unha excusa para quedar calquera día ¿non?

     
  • At 11:23 p. m., Blogger paideleo said…

    Sorte no novo destino e que brille o sol.

     

Publicar un comentario

<< Home