Abrázame

Cando as cousas non me saen ben, cando levo desgustos, cando todo parece tinxirse de cores escuras ao meu arredor... cando todo iso me pasa, coma neste momento que vivo, poucas cousas hai que me dean máis forza que un abrazo daqueles que quero e me demostran que por min senten o mesmo. Non sei se é porque sinto a calor humana desas persoas que me importan. Non sei se é que me transmiten o cariño que me falta sentir por min mesma. Non sei se é porque noto que hai a quen lle importo, sexan amigos, amigas, compañeiros, familiares... Dá igual. Todas elas son persoas que me ofrecen resgardo fronte ás tormentas que teño que cruzar na vida. O contacto dos seus brazos rodeándome, dáme a forza que me falta nos meus momentos de máis fraqueza. E esas persoas permítenme que eu faga o mesmo, así que me agarro a elas coa forza dun náufrago á súa táboa. Saben que se o día de mañá os malos ventos cambian a súa dirección, eu tamén lles vou dar un abrazo e permitir que me apreixen con rabia, con cariño, ou co que sintan nese momento. Dende logo, cun abrazo tamén se celebran as cousas boas: unha reconciliación, unha boa noticia, un reencontro, o amor, a amizade... En fin. Na miña vida os abrazos están moi presentes e gústame abrazar, que me abracen e que a xente se abrace en xeral. É algo precioso, ata nos momentos máis feos.
8 Comments:
At 5:12 p. m.,
fonsinho said…
A verdade é que moitas veces as palabras volvense supérfluas e o único que precisas para sentirte mellor é un abrazo que o diga todo... ánimo, estou contigo, non te rindas, se feliz...
Un abrazo moi forte!! ;)
At 7:16 p. m.,
Marla Singer said…
Estou de acordo, os abrazos son reconstituíntes
At 7:26 p. m.,
Elianinha said…
Unha apeeeeeeeeeeeerta!!! estou tan alerdada que non podo dicir algo con sentido
At 6:11 p. m.,
Elianinha said…
Abrázame
y no me digas nada
solo abrázame,
me basta tu mirada
para comprender que tu te irás.
Abrázame
como si fuera ahora la primera vez
como si me quisieras hoy igual
que ayer,
abrázame
Si tú te vas te olvidarás que un
día,
hace tiempo ya
cuando éramos aún niños
me empezaste a amar
y yo te di mi vida.
Si te vas...
Si tú te vas, ya nada será nuestro
tú te llevarás en un solo momento
una eternidad
me quedare sin nada.Si te
vas...
Abrázame y no me digas nada
sólo abrázame
no quiero que te vayas
pero sé muy bien
que tú te irás
Abrázame
como si fuera ahora la primera vez
como si me quisieras hoy igual
que ayer
abrázame
Si tú te vas,
me quedará el silencio
para conversar
la sombra de tu cuerpo
y la soledad serán mis compañeras si te vas
Si tu te vas,se irá contigo el
tiempo y mi mejor edad te seguiré
queriendo cada día más te
esperaré a que vuelvas.Si tu te
vas...
Pode ser que só Fonsinho entenda o significado que para min ten esta canción... a que sí?
At 9:10 p. m.,
*Sara said…
Gustaríame compartilo convosco, :) bonita letra, teño que escoitala.
At 4:30 a. m.,
fonsinho said…
Pos kando queiras kompartimolo...a ver se ajuanta o korsita kos tres...jajajaja ; )
At 12:12 p. m.,
Elianinha said…
canto visio hai nesta jueb!!!
At 3:32 p. m.,
*Sara said…
Jajaja, pero ese vicio parece que vai contigo, Elianinha... XD.
Publicar un comentario
<< Home