Mundo á parte

31 diciembre, 2007

Feliz aninovo!!



Que 2008 veña cun montón de saúde e motivos para rir e sorrir!!

Etiquetas: ,

13 diciembre, 2007

Returning

Acabo de ler o último comentario de Leo e entráronme ganas de volver por aquí... A poucas horas de deixar Southampton ata o ano que vén, creo que van sendo horas de dedicarlle unhas palabriñas a esta cidade feita de trociños de todo o mundo.
A apariencia importa, claro que si. E este lugar que un día acolleu aos nenos de Guernica, gracias aos solidarios brazos mareiros, pode que non sexa o mellor sitio para quitar bonitas fotos, para alegrar a vista ou para enriquecerte culturalmente. Pero aínda así, síntome ben, e supoño que é polo ambiente. Este é un lugar cheo de estudantes Erasmus, de cores e de culturas. Un pequeno tapiz que me deu e me da a oportunidade de aprender doutros, aínda que nada máis sexa unha pequena receta de cociña. De feito, na miña casa xa temos un recetario internacional...
Tamén estou coñecendo este mundo ao revés que é Inglaterra. Gústame viaxar polos seus enoooormes campos verdes, ver como os esquíos saltan de árbore en árbore a cada paso que das polos parques, observar o comportamento e a vestimenta da upper class británica cando me toca traballar en carreiras de cabalos, comer muffins -engordei como 20kg- disfrutar de cidades como Londres ou Winchester... E non me gustan outras cousas, como que a xente nova bebe moito, non parece moi interesada en coñecer xente doutros lugares e que falan tan rápido que non lles entendo, ou o mal que se alimentan, o pouco coidado que teñen os conductores e o violentos que se poñen ás veces. F****!
E podería contar moitas, moitas cousas máis... pero dous meses -aínda que pasaron voando- dan para moito, e mañá espérame un emocionante día no que pasarei de estar na Illa a estar con Mariquiña uns fermosos días en París, que qué ganas de volver... e de volver a vela a ela!

Etiquetas: , , ,