Mundo á parte

05 octubre, 2007

Lost in Southampton

Non sei por onde comezar. Hai un mes que non escribo, xa estou en U. K., e ainda estou un pouco perdida por aqui. Como observaredes, aqui non tenho nin enhe nin til, asi que igual vos custa algo lerme. Sintoo.
Ben, nada mais recoller a maleta no aeroporto, vin que me puxeran a etiqueta de 'heavy', e pensei que asi seria o dia que me esperaba. E non me equivoquei... Despois de andar dun lado para outro coas maletas, de beber por equivocacion auga con sabor a fresa que case me mata, de coller tickets en libras, de chorar no bus... A fin cheguei ao meu destino. Taxi, e para casa. Os meus companheiros, ainda que parecen moi majos, saben falar tan ben ingles que eu me sinto imbecil ao seu lado. Por riba, cando so pensaba en conectarme ao messenger para falar cos meus, atopome con que non furrula, minimo ata esta fin de semana. What a horror!!
Logo, gracias a unha companheira de Compostela, Miriam, as cousas foron cambiando algo. Ela axudoume moito co papeleo da facultade, presentoume xente, recomendoume lugares para comprar... en fin. Que se portou moi ben. Agora, cada dia estou mais acostumada a cruzar o East Park para ir a minha facultade. Southampton non e unha cidade moi bonita, creo, pero esa parte si. Estes dias vai solinho e ata da gusto pasear por ai, porque e moi bonito velo todo limpo, soleado, coas folhas do outono no chan, e ata esquios subindo polas arbores das zonas verdes, que hai bastantes. A parte, tenho sorte porque a minha casa esta bastante ben situada.
E eu penso que isto e suficiente, de momento, para que vos fagades unha idea de como me vai. En realidade tamen e unha excusa para dicir que estranho a minha terra, a minha fala, a minha xente, a minha casinha, a minha aldea, Compostela... E que o mellor nestes casos e pensar que esta e unha oportunidade unica e que debo aproveitala da mellor maneira posible, porque eu sei que a xente que eu quero e que me quere estara ai antes, agora e cando volva. Non si?

Etiquetas: ,