Eu tamén fun camareira
Ao igual que Mariquiña, eu tamén estou na Comisión de Festas de Vedra e, polo tanto, esta fin de semana compartín con ela a experiencia de debutar como camareira. Debo recoñecer que, a pesar de ter moitas ganas de probar, tamén tiña medos: medo a non facer ben as contas, a agobiarme, a servir mal, a facer o ridículo... Pero quedei encantada. Ao comezar nunha festa pequeniña (e moi bonita, por certo), a xente non foi un problema. Dende logo, cometín os meus erros e vivín situacións de dicir "trágame, terra", pero agora vexo todo iso como simpáticas anécdotas. ¡E canto alcohol se consume neste país...!
Para comezar, os abridores que mercamos para a ocasión resultaron ser máis bonitos que serviciais, jaja, e vinme en apuros para abrir algunhas botellas. Claro que, non sempre foi culpa do abridor... tamén o tiven difícil para abrir unha de Cacique, ata o punto de que foron os dous rapaces que me pedían o cubata os que se encargaron de quitar os precintos, jajaja. ¡Que vergoña! E iso non foi o peor... senón que aínda por riba de que me axudaron, cobreilles os cubatas a 4€ en lugar de a 3'5, que era o que valían. Iso si, comenteillo aos meus compañeiros e dixeron que non pasaba nada, mentres cobrara de máis...
Por suposto, tiven que oír comentarios de tódolos tipos: bromistas, desagradables, verdes... Pero vamos, hai que saber levalos, porque hai moito borrachiño por aí solto, moito vello con mala uva e moito desesperado... ¡Falando de vellos! Temos un na comisión que é tremendo. Tremendo e verde a máis non poder, jajaja. Ás veces pásase moitísimo, pero tamén nos dá momentos para escachar coa risa. A cada comentario que se fai, el ten que quitarlle un sentido sexual-amoroso. Por exemplo, se preguntas "¿que facemos agora?", el dirache algo como "pois unha nena, jaja. E a ver se sae con rizos -algo que me intriga, iso dos rizos-". E mil cousas así. O bo é que non ten reparos a falarnos de cando el era novo e das historias amorosas propias e da parroquia... ¡Algunhas son moi interesantes!
En resumo, esta vivencia resultoume positiva, porque sempre hai xente que te mira cun sorriso, xente amable e comprensible, comentarios agradables e compañeiros que che fan o traballo máis levadeiro...Gustoume moito e descubrín que, aínda que non o pareza, é un traballo "movido", a non ser que non haxa unha alma. En fin, se fracaso como xornalista e teño cartos, podería montar un bar. Ou traballar nun pub ou algo así. Non sei como será currar unha semana seguida e non só 2 días, pero intentaríao. E máis se ao lado teño compañeiros coma os que me tocaron na comisión, en xeral. Mariquiña, a pesar de que quixeches acaparar tódalas peticións dos nosos amigos, grrrrr, non esquecei as miradas de complicidade a través das estanterías das bebidas, compartindo a experiencia de ser por 1ª vez camareiras.

5 Comments:
At 7:38 p. m.,
Elianinha said…
Ai... quen me dera a min que ti me serviras as copas cada finde. Seguro que non me dabas garrafón.
Eu tamén teño en mente montar un bar. Sería divertido.
At 3:22 a. m.,
fonsinho said…
Pos xa está, montades entre as tres un bar e a facerlle kompetencia a suki. E poderiades meter concertos e teatro...enton xa faria a miña vida alí.jaja
Por certo.. o sitio da festa e moi bonito.
BKS
At 12:02 p. m.,
Elianinha said…
Que nos quedemos sen posts de mariquiña non significa que sara non renove...
At 12:26 p. m.,
fonsinho said…
Eso,eso..a ver se producimos +..
At 9:06 p. m.,
*Sara said…
Mira quen vai falar... (vai por Fonsinho)...De todas formas,vale, tedes razón... Só que levo unha vida aburrida estes días e non teño moitas ideas sobre as que escribir... Estou off. A ver se mañá. Jajaja...
Publicar un comentario
<< Home