Mundo á parte

28 febrero, 2006

O mellor do Entroido

Custa retomar algo despois de pasar un tempo sen facelo. Cústame volver escribir aquí, porque pasaron moitos días dende a última vez que o fixen (en serio) e, do mesmo xeito, pasaron moitas cousas. Boas, peores, bonitas, non tanto, alegres, menos... Como aínda quedan unhas horiñas de Entroido e iso é (ou debería) ser sinónimo de festa e de diversión, contareivos o mellor destes días.
O venres pasado enfundeime nun traxe de labrega do s. XIX, pero non por mor do Entroido, senón por unha homenaxe que lle iamos facer a Rosalía de Castro (“Rosalías”) polas rúas de Santiago. Pero a chuvia non nos deixou pasearnos por diante dos lugares onde viviu ou estudou, así que non nos quedou outra que ir directamente ó CGAC. Alí houbo un espectáculo de danza e un recital de poesía. Aínda así, agardamos repetir todo o que estaba previsto o día 21 de marzo, así que xa falarei disto con máis detalle.
De sábado non falo porque estiven enferma e non saín do pixama en todo o día... Pero domingo paseino xenial. Xunto con outras amigas, saín disfrazada de campesiña (aproveitei a saia de labrega do XIX :oP). Chegamos a Metro, o noso pub predilecto, e dímonos conta de que a xente era unha auténtica aburrida, unha sosa. Non se notaba que era Entroido, porque o 85% das persoas ía sen disfrazar. Aínda así, acabámolo pasando moi ben.
E onte volvímonos disfrazar e desta vez fun de embarazada. ¡Ah! Por primeira vez, paráronme para comprobar o nivel de alcohol que corría polas miñas veas namentres conducía. Por suposto, 0,00, jeje. O garda pasou dun riguroso "Buenas noches, control de alcoholemia" a un cordial "que vides ¿da festa de Guimarey?". Viva o colegueo... jaja. Como non, gardei a boquilla de recordo. Outro cacharriño máis para a miña colección...
En fin, eu non teño cámara dixital para amosarvos o meu vestido de campesiña do s. XIX nin a miña barriga en avanzado estado de xestación, pero mariquiña si, así que cando ela colgue as fotos ou mas pase, xa vos avisarei por se nos queredes ver tal e como non somos.
Agora, toca volver ó mundo real. Toca prepararse para un coñazo de exame parcial que terei a vindeira semana, pero como iso xa non é precisamente bonito, non vou falar del... Prefiro pensar que aínda me quedan unhas horiñas libres por diante e uns platos cheos de riquísimas orellas e filloas.

20 febrero, 2006

Aviso:

Sigo existindo. A razón de que leve tempo sen renovar é a pura vagancia, porque tempo, dende que o pasado mércores rematei exames e traballos, xa tiven de sobra. Pero non me apetecía escribir, senón dedicarme a pasalo ben e a desconectar por completo. Non obstante, volverei pronto contándovos calquera cousiña, aínda que, se queredes, podedes ler un resumo destes catro últimos días no blog de mariquiña. ;)

12 febrero, 2006

Todos temos algunha, ¿non?

Acepto a invitación que me fixo un anxiño, así que vou publicar 5 manías ou "rarezas" que teño. Supoño que hai máis das que eu non me dou de conta, e tampouco sei se todo o que vou poñer son exactamente manías ou costumes, pero aí quedan:
1. Garabateo moito: en clase, falando por telefóno... ás veces incluso cando estudo. O que máis pinto, aínda que pode saír de todo, son lúas, estrelas, soles, espirais, flores, ollos e o meu nome.
2. Moitas veces vou conducindo e non podo evitar formar palabras coas matrículas dos coches que levo diante.
3. Creo que non hai un día no que me mire ó espello sen ser capaz de non retocar as cellas coa pinza.
4. Gardo moitísimas cousas inútiles porque me dá pena tiralas: papeis de regalos que me fixeron, algunhas entradas de cine, de concertos, de museos, etc., billetes de avión, tickets doutros medios de transporte, bolígrafos acabados (orixinais, claro), caixiñas, pendientes ós que lle perdo á parella, cousas de cando era pequena (¡teño unha carpeta che de follas olorosas, jajaja)... Claro, despois sempre me atopo cos caixóns cheos de cousas que non son quen de tirar.
5. Non son capaz de borrar algunhas sms bonitas do móbil sen antes pasalas a unha libreta, para que non se perdan. Tamén gardo dende hai moitos anos as cartas persoais, incluindo postais de todo tipo (cumpreanos, viaxes, Nadal...) lástima que agora xa non reciba case ningunha por culpa da invasión virtual...

En fin, agora ocorríanseme algunhas cousas máis, pero prefiro cerrar a lista xa e pasarvos o turno a algúns de vós para que, se tedes ganas, me contedes dende as vosas blogs esas 5 cousas que vos fan ser algo rariños (ou orixinais, "se acepta..."), jaja. Anímovos a todos, pero especialmente a:
- Mariquiña, da que xa coñezo algunha que outra manía e penso que merecen ser compartidas ;o)
- A Bea, da que xa sabemos que sempre chega tarde.
- Ós meus novos "satélites" (cariñosamente ;P): calidonia, acedre, adriX e Lucas Andión.

09 febrero, 2006

Escapada a Munich

Se saír cada vez que che apetece, aínda que nada máis sexa a tomar o aire 5 minutos, xa é unha especie de liberación mental, cando estás con exames e traballos botar un pé fora da casa convértese en algo dobremente satisfactorio.
Onte fo
mos ver Munich. Tiña ganas de vela, aínda que non foi a única película que barallamos. Ó final, non me arrepentín de pasar dúas horas e media nunha butaca vendo esceas dun filme que non é nin político, nin social nin thriller. Non lle atopo lugar en ningún destes caixóns, quizais porque mistura de todo un pouco. “É unha película que fai pensar”, escoitei ou lin non sei onde. Si, fai pensar. Sobre todo, porque máis alá da ficción que lle outorga Spielberg, o trasfondo da historia, o interminable e violento conflicto árabe-israelí, sabes que non vai quedar tralas portas da sala do cine en canto as cruces. Apágase a pantalla, non a realidade.
Ademais, en Munich non só se amosa a visión global do terrorismo a raíz dos atentados dos que ían ser os "xogos da paz", senón que a través dos personaxes, sobre todo de Avner, o protagonista, se ve a evolución moral e psíquica dunha persoa que se converte en asasino. Hai moitos aspectos de Munich que valen a pena: diálogos, fotografía, actores (encantoume Eric Bana), esceas, desenvolvemento...E, polo tanto, outros tantos aspectos dos que podería falar, pero prefiro que sexas ti quen opines se a viches e, de non ser o caso, que vaias vela. Eu recoméndoa, vamos. E si: Munich fai pensar.

07 febrero, 2006

La vie en rose

Onte fun ó oculista e deslumbroume tanto cun aparello de luz que pensei que ía quedar cega. "Mira para riba, mira para baixo, esquerda, dereita..." ¡Que horror! Eu xa non podía máis, os ollos pechábanseme sós e, para facer o que me dicía... telita. Ó rematar, a oculista díxome: "¿a que agora o ves todo rosa?". E era certo. Por uns momentos, todo o que me rodeaba foi rosa (algo bo tiña que ter, ¿non?)
¡Ai, pero todo remata! Aínda que hoxe sigo vendo ás veces círculos de cores e borroso, porque teño as pupilas dilatadas. ¡É o peor! Menos mal que lle pedín á miña nai que me acompañara, porque ir pola rúa sen lentillas e cos ollos case tan negros coma a noite, é toda unha odisea para min.
Despois de tantos anos indo ó oculista, xa estou acostumada a esas pequenas torturas, pero cando foi meu irmán hai uns cinco anos, case nos cobran un plus por lesionar á axudante da oculista. "¡Pica, pica, pica"! E non houbo forza humana que lle dera botado as gotas, porque se puxo a pegar patadas. ¡O que é poder pasar do "saber estar"!