Mundo á parte

27 junio, 2007

Promoción número 13, III

Se todos nos entristecemos trala gran cea de onte é porque catro anos xuntos valeron a pena. Deberiamos alegrarnos, porque o triste sería non ter a quen botar de menos, ser conscientes de que pasamos catro anos con "descoñecidos" sen pena nin gloria ou non ter ningún tipo de sentimento común. Normal que a memoria chamara por algunhas bágoas, pero estou segura de que con elas ía unha boa carga de alegría por ter atopado tan bos amigos e compañeiros que seguirán "aí", alén das aulas. Oxalá. Obviamente, non pasará cos 120 alevíns que eramos nas listas de 1º, pero contentémonos con facer resistir a rede dos 70 ou 80 que eramos onte, comunicadores incluídos.
Gústame pensar que este é o punto e seguido dunha etapa. Será diferente, pero non ten por que ser peor. A todos vós, os que compartistes comigo 4 fermosos anos que se foron nun sopro, un millón de gracias por todos os momentos dentro e fóra da facultade e moita, moita sorte. E... espero que ata pronto! :)
(...)
E agora... 5 días a poñer todo a remollo na néboa, sen acentos nin eñes!

Etiquetas: , ,

4 Comments:

  • At 11:13 p. m., Blogger paideleo said…

    Boa viaxe e bo porvir. Tes todo por diante. Sorte.

     
  • At 7:22 p. m., Blogger Madeleine said…

    moita sorte, nena. Encantoume ser a túa moza, non te esquezas de min agora que xa estamos prometidas... Que teñas moitísima sorte

     
  • At 1:02 p. m., Blogger amarante said…

    Fóronse nun sopro. Imposible caracterizalo mellor. Nun sopro.

    En fin, non me vou despedir. Porque sei (agardo) que nos imos seguir vendo.

    Oxalá sexa un punto e seguido. Oxalá.

    Ata pronto!

     
  • At 10:55 p. m., Blogger Murrucha said…

    Aiiii espero que o pasaras ben na túa viaxe a terras de Londres. Eu coma o resto tamén teño un pouso de melancolía de dous pares de anos (por non dicir catro)na cidade das estrelas. Anque máis que anos foron sospiros. En fin que aínda nos veremos por aí Sariña.

    Biquiños!!!

     

Publicar un comentario

<< Home