Mundo á parte

24 julio, 2007

'Risa'

Non quero esquecer o primeiro que me dixo trala presentación:
- Como te chamas?
- Sara.
- Ah, como miña nai...
- ¿?
- Claro, ¡na Biblia!
(Risas)
Non quero esquecer os 40 minutos nos que o tiven sentado ao meu lado no seu despacho do IGI, mirando para min e, de vez en cando, ao pasado, con eses vitais ollos de neno que guían un corpo que xa lles queda maior.
E tampouco quero esquecer ningunha das lembranzas que quixo contarme, agora capturadas en cinta e papel e, sobre todo, na miña propia memoria. Memoria. Esa palabra pola que tanto fixo...É impoñente e é algo único ao mesmo tempo, que alguén che narre 87 anos de historia en primeira persoa, coa lucidez e co sentido do humor dos que goza Díaz Pardo, malia o seu pesimismo.
É unha persoa que se fai querer, desas que todo o mundo cualifica de "entrañable". E é que o é. Faite sentir como se estiveses falando co teu avó. Salvo cando, de repente, lle preguntas algo que te pon diante da realidade, facéndote caer na conta de que "velaí estás", fronte a un home que viviu a República, a Guerra Civil, o franquismo, o exilio, a transición e a democracia. E fálache de seu pai, dos carteis do Estatuto, do seu adorado Castelao, do seu amigo Luís Seoane, da súa muller, do exilio, da fame, da guerra... e da Cidade da Cultura, do actual Goberno, do galego, de Saramago, da sociedade actual... fala del e, en definitiva, dun pedaciño da historia de todos nós.
E logo, ese respecto que sentes ao falar con el, vólvese de novo tenrura cando che di que te achega no seu coche ata a axencia, e que "nada de coller un taxi". E aí estás, el conducindo e ti ao seu lado nun momento que, quen sabe se se volverá a repetir algún día... E entón sénteste privilexiada nos 15 minutos que dura o traxecto. E non che importa ir ao xeitiño, nin que o coche que vén detrás se desespere, porque ti estás escoitando a voz dun que di que a súa vida "foi unha sucesión continua de fracasos", a pesar de que o seu nome "significa risa".

Etiquetas: , ,

20 Comments:

  • At 10:18 a. m., Blogger Elianinha said…

    que sorte... alégrome por ti. O mellor é que é un home que non te decepciona. Moitas veces cando coñeces a alguén que tes moi idealizado é tan fácil levar un chasco. Até o domingo!

     
  • At 2:25 p. m., Blogger Antihéroe said…

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

     
  • At 4:41 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Hai cousas que non ensinan nas facultades, por exemplo, valorar a "grandeza interior" moitas veces agochada en fráxiles apariencias,noraboa por poder vivir estas experiencias!quédate co mellor de cada unha, sen esquencer as "risas". Isaac Díaz Pardo= un exemplo

     
  • At 5:57 p. m., Blogger vermella said…

    sabías que cando ía pola fábrica de Sargadelos en Sada,coñecía polo seu nome a toda a xente, e parábase con todos e se o atopabas na librería era unha lotería.
    Un gran home.

     
  • At 8:19 p. m., Blogger Elianinha said…

    Alguén debería matar ao antiheroe

     
  • At 12:26 a. m., Blogger paideleo said…

    Eu non tenho o gusto de conhecelo pero semella unha boa persoa.
    Non sabia eu que Isaac significase risas. Curioso.

     
  • At 8:05 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Grata a impresión ao ler a túa blog. Noraboa

     
  • At 6:18 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Ay Sariña!!Que bueno que lo hayas entrevistado. Quiero que me pases el texto completo en cuanto puedas!!! Y sabes que?, él será lindiño, pero tú tmabién! Jajaja!

     
  • At 12:52 p. m., Blogger Unknown said…

    Que envexa! ;P Eu coñecino o ano pasado, nunhas xornadas en Celanova (inda que non tiven a sorte de entrevistalo), e a verdade é que é moi boa xente. Estas son as pequenas cousas que fan que esta profesión mereza os esforzos do día a día...

     
  • At 10:59 p. m., Blogger Suso Lista said…

    O millor que fixestes, foi disfrutalo. Así vas ben.Disfruta da vida, ainda que vexas que tamén se morre. Bicos

     
  • At 3:52 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Ehoraboa Sara

     
  • At 7:48 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Enhoraboa pola entrevista, o seu contido e o teu traballo.Eres testigo en primeira persoa do máis valioso da nosa terra; as súas xentes.Seguro que foches capaz de quedarte con algún dos moitos valores que e capaz de transmitir unha persoa como D. Isaac.Sempre terás ese bo recordo de habelo coñecido e compartido un minutos con unha persoa da súa talla; grandeza no traballo e humildade cara so demáis.Os que temos a sorte de compartir tempo e espacio con xentes como D. Isaac debemos saber transmitir tamén o mellor deles.Ánimo e pra diante Sara.

     
  • At 7:48 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

     
  • At 7:48 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

     
  • At 7:48 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

     
  • At 7:48 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

     
  • At 7:52 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Fun por error un pesado

     
  • At 8:10 p. m., Blogger *Sara said…

    Jajaja, non pasa nada!! (Que susto levei ao ver tantos comentarios novos!)
    Xa está amañado :)
    Moitas gracias

     
  • At 11:56 a. m., Blogger cneirac said…

    Moi boa a entrevista.

    Como lle aconteceu a moitas persoas Memorias... foi o primeiro libre en galego que me marcou.

    En verdade é unha sorte poder coñecer e falar a unha persoa como Neira Vilas.

    Aínda que xuraría que xa vos vin a Maria e a ti nunha fotografía con el en Gres. Ou soñeino?

     
  • At 12:33 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Chego con retraso a ler esto pero ¡noraboa Sara! Es unha privilexiada (aínda que coido que Díaz Pardo tamén o é por contar con semellante entrevistadora -xa teño dito, ademais, que é o teu jeje)

    Sen coñecelo, creo tamén que é un ser entrañable

    Mil bikiños

     

Publicar un comentario

<< Home