Mundo á parte

31 agosto, 2005

De cando fun algo actriz...

Estes últimos días varios amigos e coñecidos dixéronme que me viran na tele. Entón, pensei que un ano parece moito tempo, pero non. Doume de conta de que non é nada, cando fago memoria e son capaz de lembrarme de moitas cousas que pasaron coma se fosen onte. Por exemplo, lembreime da miña experiencia en televisión. Acórdome de como empezou todo...
Primeiro, en xuño, logo de facer un casting na facultade veciña, tiven a sorte de que me chamaron para figuración especial. Tiven que dicir unha frase tan longa coma "¡Auxilio, socorro!". Só por dicir esas dúas palabras, xa me pagaban o doble ou máis que a calquera figurante normal. Aquel día foi duro, pasei moitas horas pillando moreno de obreiro metida nunha enorme funda azul e nunhas botas dous números maiores co que levo, baixo unha calor agotadora e escoitando cada dous por tres:"previdos... cinco... gravamos!", "corten!", "repetimos"... Mimá. Claro que tamén tivo as súas cousas boas, coma coñecer a atractivos actores coma ese que en breves teredes en T5 e que fai tanta publicidade (clínicas Vitaldent, por exemplo).
En agosto, para a miña sorpresa, volvéronme chamar. Desta vez tiñan unha nova proposta: figuración pero mantendo un personaxe en 3 capítulos. Aceptei e, en vez de gravar só 3 capítulos, a cousa alongouse e fixen algúns máis. Pero esa segunda parte da historia escribireina mañá, que agora, sinceramente, apetéceme tanto seguir escribindo coma volver a enfundarme durante máis de 7 horas baixo unha calor criminal para dicir dúas puñeteras frases. Seguro que para ti tamén é máis cómodo ler esta longa historia en dúas partes. :oD ¡Mira por onde descubrín o post-partido! ¬¬ pasarei á Historia...

28 agosto, 2005

Unidos pola colada

Unha noite, un número que non coñezo empeza a darme toques. Despois de preguntarlle aos meus amigos se o teñen, e comprobar que non, xa me impaciento. Decido agardar ao día seguinte para ver se os toques persisten e, como é así, mándolle un sms a ese estraño número. Esperaba calquera persoa antes da que resultou ser: un rapaciño de 16 anos, amigo de meu irmán e, á parte, veciño case da porta. Tan veciño, que a ventá da súa habitación dá cara á da miña cociña e, no piso de arriba, ao lugar onde pranchamos a roupa (ixa sei que é pasar o ferro, pero en fin...)
As sms non poñen nada explícito, pero sí cousas subliminais que me fan pensar que a próxima vez que vexa a meu veciño, seguro que está un pouquiño máis colorado ca de costume. Non se corta en canto a bonitos piropos, biquiños deses virtuais e un "tengo ciertas curiosidades que ya te las preguntaré". ¡E o raparigo ten moza! Pero o único que son capaz de pensar sobre el é que é tierno, jajaja.
Un mediodía, varrendo a cociña, dinme de conta de que o chaval estaba na súa ventá cunha peza de roupa na man. "¿que fará?". Pois nin máis nin menos que pranchar. ¡O neno trasladou o lugar de pranchar ao ladiño da ventá do seu cuarto! (Madres del mundo, si quereis que vuestros hijos planchen, poned una vecina en vuestra vida, jajaja). Dende alí, mírame, estira a súa man e saúdame. Devólvolle o xesto cun sorriso e penso sorrindo "hala, unha escena de Romeo e Xulieta, ¿ou será a típica do adolescente que medio se "namora" da irmá do amigo?".
A verdade é que de momento aínda non se presentou unha oportunidade para saber sobre que quere curiosear, pero calquera día pasa. O neno máis eu estamos unidos por un fío... de colgar a roupa. Non me estrañaría nada con esa afección que pillou por facer a coada, atoparmo un día ao lado da miña roupa interior semi húmida (uiiii, que erótico me quedou) colgando a súa, e oír cousas como "Hola sielo, ¿recuerdas que tenemos una conversación pendiente...?

27 agosto, 2005

Mañá gris

¿Nunca te levantaches coas ganas de dicir "¡Dios! ¿Por que teño que existir? ¿Por que me tocou a min, eh?! E pensas: "quero largarme, deixalo todo, porque, á fin, ¿de que vai valer?" Despois dunhas curtas horas de descanso dame por pensar que realmente son capaz de sufrir por cousas que outras persoas (afortunadas) serían capaces de afrontar cun simple "paso de todo", por exemplo. O ceo anubrado axuda a darlle unha tonalidade máis gris ao meu estado de ánimo, e síntome máis pequeniña e insignificante aínda neste mundo que tantas e tantas veces non entendo. E que tantas e tantas veces me fai sentir coma se as peores alimañas me corroeran por dentro. Pero ao mesmo tempo, sei que segundo vaian pasando as horas me "readaptarei", porque non me queda outra, e deixarei de facerme preguntas estúpidas e de pensar estas cousas das que ti mesmo podes estar rindo agora.

26 agosto, 2005

¿Pena capital para las ovejitas frijoleras?


Están locos estes chilenos... bah, coma case todo o mundo, ¿non?
"Quien vive sin locura no es tan cuerdo como parece". La Rochefoucauld

O noso estraño espertador


O subconsciente é algo extraordinario. Durante o curso, case sempre esperto uns 5 minutos antes de que me soe a alarma do móbil. E, en vacacións, todo o contrario: non me inmuto ata que miña nai se cansa de andar soa pola casa e me quere ver funcionando, entra no meu cuarto e abre a ventá. Pero... ¿que pasa se aínda estamos de vacacións e miña nai non está, como agora? ¡Pois nada, porque o meu despertador biolóxico non cambia o chip! ESta mañá, non sei como, espertei co móbil no medio das mans, soando... ¡E iso que o deixara enriba da mesita! Pero cando vin a hora que era, dinme de conta de que pasaban 15 minutos da hora que puxera para espertar. Menos mal que o repetidor de alarma fixo a súa función, porque me parece que o meu despertador biolóxico non concibe vacacións sen o ¡Vamos, Sara! de miña nai. ¿Cres que poderei ser independiente algunha vez así? :o( En fin, sempre me quedarán os repetidores de alarma...
"El sueño y la esperanza son los dos calmantes que concede la Naturaleza al hombre".Federico el Grande

Envexa da boa


¡Que alegría! Despois de "publish" o meu primeiro post e de recibir os meus primeiros comentarios (de quen eu esperaba :oP), sinto xa unha inauguración máis plena do "meu mundo". Non obstante, cando abro a blog dunha amiga teatreira e colega de facultade, leo: ENTRADA 100. Así, con maiúsculas e todo, celebra que xa escribiu 100 post, e... claro, iso faime pensar que aínda me queda moito que aprender disto das weblogs. Pero o máis importante, é que me queda gañar o teu cariño, ou polo menos as túas ganas de curiosear, para que me dediques uns minutiños cada vez que entras en internet e te dignes a ler o que escribo e a poñerme algo se che apetece. Noraboa Elianinha, porque parece que ti o lograches. ¡Que envexa! ¡Pero da boa, ¿eh?!
"Quien no es envidiado, no es digno de serlo". Esquilo de Eleusis

25 agosto, 2005

Luces,cámaras... ¡Acción!


Dende este momento, ¡o meu pequeno mundo virtual ve a luz! É moi satisfactorio ver que o logrei despois de facer "click" en tantos sitios, de volver comezar unha e outra vez, de tomar decisións tan trascedentais como que plantilla seleccionar... ¡Pero á fin o conseguín! Agora teño un mundo propio dentro do grande universo cibernético que, dende xa, compartirei contigo. Estaremos á marxe da realidade común, mergullados en outra que chaman "virtual". Aillarémosnos do mundo que coñeces, para entrar noutro que pode ter moito ou nada que ver con el. Convídote a xirar comigo neste "mundo á parte" no que aínda non sei sobre que vou escribir. Imaxino que do que me apeteza cada día, do que máis me impacte, do máis insignificante, de algo que sinta e queira compartir... Que non che estrañe se un día o teu nome aparece por aquí, ou se escribo xusto sobre algo no que pensaches a noite pasada. Todo pode suceder neste mundo...
"Vivir no es sólo existir, / sino existir y crear, / saber gozar y sufrir / y no dormir sin soñar." Gregorio Marañón
P.D. Quero agradecerlle publicamente a Ladybird (4ever) a súa colaboración e dedicarlle estas liñas coma se de un Goya se tratara, (;oD) pois axudoume a non desesperarme na construcción desta blog. Ademais, case seguro vai ser a primeira en deixarme un post, ¿verdade? :o)