Soños polisémicos
Fai un ano, tiven un soño. Soño igual a "desexo", "ilusión". Un soño, que, en certa medida (só en certa medida) se cumpriu, igualiño que os meus desexos: en certa medida, (só), cumpríronse.
A pasada noite volvín soñar o mesmo que fai un ano, pero neste caso, "soñar" xa cobra o sentido literal da palabra. E sei que, agora, iso que de noite vagou pola miña mente xa non será real, porque nalgún día xa o foi. É auga pasada... mágoa que, de momento, "siga movendo muíños...".
Ás veces creo que o mellor sería non soñar, en ningún dos dous casos.
11 Comments:
At 4:27 a. m.,
fonsinho said…
Desprenderse de una realidad no es nada, lo heroico es desprenderse de un sueño. Rafael Barreti
At 8:43 a. m.,
Dani said…
Soñar sempre é bo ainda que ás veces ó espertar quedes un pouco desilusionado. Refírome a que te guste tanto o soño que non queiras espertar.
At 12:07 p. m.,
Elianinha said…
O outro día fun ver princesas. Nel dicía que só se pode ter nostalxia de algo que xa viviches, e de algo que foi bo, por iso tes nostalxia. Por iso, o sentimento é bonito, porque quere dicir que tiveches cousas boas na túa vida que lembrar.
Non sei, pode parecer un consolo estúpido, pero a min paréceme un pensamento moi válido: se añoras, é porque houbo cousas lindas na túa vida.
At 12:54 p. m.,
Marla Singer said…
Eu tamén vin a peli! É verdade que só se pode ter nostalxia de algo que viviches, aínda que só sexa en soños! Así que mellor soñar e sentirte frustrada ó espertar que non sentir nunca nada mentres durmes nin cando te ergues da cama.
At 12:57 p. m.,
Marla Singer said…
Soñar é algo incrible, marabilloso. É como vivir as túas propias películas sendo case sempre protagonista, como experimentar o que cres imposible e saber qué sentirías se ocorrese, porque é vivir outra realidade que afecta ós teus sentidos tanto ou máis que a realidade real...
At 3:30 p. m.,
*Sara said…
¡Que bonitos comentarios! Graciñas a todos. Que conste que a min soñar encántame e teño a sorte de que normalmente son quen de lembrar o que soño. Outra cousa é "soñar", fantasear, facerse demasiadas ilusións con algo...iso tamén é bonito, pero é perigoso polo batacazo que podes levarte despois. Pero en fin, como di Mística, soñar é algo marabilloso... ¡así que sigamos soñando! Máis se son soños como o de Elianinha con Keanu... jajaja ;)
At 5:50 p. m.,
Anónimo said…
Como dí o gran poeta Fito "¿Que hay de malo en perseguir los sueños? ¿Que hay de malo en soñar despiertos?" Existen bastantes investigacións sobre o tema dos soños, pero inda non se averiguou nada, só se sabe q son creación do noso subconsciente, pero non se sabe nin porque nin para que, asi que a ti como periodista non che valen (a ver como contestas as 5 preguntas dunha noticia nun soño...) pero como persoa si q lle sirven a todo o mundo, asique sigue soñando porque "todos los sueños son locos, sino no valdría la pena soñarlos"
Un saludo do veciño (q conste q eu non son o veciño q lle manda sms e lle da toque eh!! q non vaia a haber equivocos) jajaja
At 7:01 p. m.,
Elianinha said…
Sara, ti xa sabes que eu só soño contigo: nada sabe tan dulce como tu boca, tan solo alguna cosa que no se nombra...
At 1:07 p. m.,
Unknown said…
Teño o convencemento de que o ser humano móvese por soños que quere alcanzar, uns bos e outros non tanto, porque hai soños de tódolos tipos. E por iso tamén penso que é imposible renunciar a eles, aínda que moitas veces sería a mellor solución. Os soños forman parte da nosa natureza contradictoria e amósannos todo aquelo que poderiamos chegar a ser
At 3:09 p. m.,
fonsinho said…
elianinha! non empecemos con cancionciñas que me destemplo e non respondo... xa sabes cal e o meu soño : P
At 4:58 p. m.,
Elianinha said…
A ver se entre sara máis eu damos feito algo por ti.
Publicar un comentario
<< Home