Mundo á parte

27 junio, 2007

Promoción número 13, III

Se todos nos entristecemos trala gran cea de onte é porque catro anos xuntos valeron a pena. Deberiamos alegrarnos, porque o triste sería non ter a quen botar de menos, ser conscientes de que pasamos catro anos con "descoñecidos" sen pena nin gloria ou non ter ningún tipo de sentimento común. Normal que a memoria chamara por algunhas bágoas, pero estou segura de que con elas ía unha boa carga de alegría por ter atopado tan bos amigos e compañeiros que seguirán "aí", alén das aulas. Oxalá. Obviamente, non pasará cos 120 alevíns que eramos nas listas de 1º, pero contentémonos con facer resistir a rede dos 70 ou 80 que eramos onte, comunicadores incluídos.
Gústame pensar que este é o punto e seguido dunha etapa. Será diferente, pero non ten por que ser peor. A todos vós, os que compartistes comigo 4 fermosos anos que se foron nun sopro, un millón de gracias por todos os momentos dentro e fóra da facultade e moita, moita sorte. E... espero que ata pronto! :)
(...)
E agora... 5 días a poñer todo a remollo na néboa, sen acentos nin eñes!

Etiquetas: , ,

20 junio, 2007

22

En poucos minutos deixarame o número 1 que acompañou ao 2 nestes últimos 12 meses da miña vida. En apenas media hora, 2+2 non serán 4; serán 22. O calendario e o seu amigo reloxo insisten en partir e repartir cada momento da nosa vida de xeito que poidamos contar o incontable. Pero o noso tempo non existe para facer cálculos exactos. Existe para desfacelo, se así se quere, en momentos, instantes, épocas ou eternidades, e para vivilo e aproveitalo da mellor forma posible. Tan sequera intentalo.
Moitísimas gracias aos que me felicitastes xa e a todos os que o faredes a raíz deste post ;).
Señorita Madeleine, moitos parabéns para ti tamén!!! Difícil esquecerse... ;D
Biquiños a todo o mundo!

Etiquetas: ,

14 junio, 2007

Cifras e letras

Para o exame de antonte tivemos que aprender unha chea de datas. Para o desta tarde, toca recoñecer ducias de siglas... A este paso cruzaránseme os cables coaxiais e acabarei deducindo que o STB se fundou en Ourense en 1876. E total, para que dentro dun par de días se perda todo no proceso de compresión.
En fin... que ás veces o máis saudable (sobre todo para o coco) é botar man dunha axudiña extra ou da sabiduría colectivo-solidaria. ;P

Etiquetas: ,

13 junio, 2007

Bob Dylan - Oh Sister (1975)

09 junio, 2007

Deluxe

Menos mal que entre estatutos de redacción e deontoloxía houbo un momento para parar e dicir que no. Momentos de luxe. Agora que ha terminado el sueño, non queda máis remedio que volver a pensar nos exames... Será mejor.


Etiquetas: ,