Mundo á parte

16 septiembre, 2005

Marmalade Boy


Marmalade Boy. Hoxe descubrín que ese é o título real dunha das series de debuxos que recordo con máis cariño. Haberá uns 6 ou 7 anos que a botaban na 2. Eu coñecíaa por La familia crece, ou Micky&Yu. A verdade é que co título pasáronse un pouco...¡que chungo é! Poderían terse lucido un pouquiño máis, pero o que é a serie a min chiflábame. Chamádeme ñoña, chamádeme infantil ou que queirades, pero encantábame e encántame.
Seica é unha serie shojo. É coma se fose unha telenovela, pero en debuxos. A trama asegúrovos que enganchaba máis que a de Paixón de Gabiáns e, aínda por riba, os personaxes tamén eran todos guapísimos. Tanto, que ata me namoraba dos chicos. ¡Que riquiños! Poñían unhas cariñas máis feitas... ¡De veras! Daban ganas de quitalos da tele pa fóra e pegarlles un morreo, jajaja. Éche o que teñen estes debuxos xaponeses: un porte, un estilo, unha elegancia... A perfección encarnada. Vale, neste caso debuxada. ¡Ai, se foran reais!
A historia daba mil e unha voltas, pero non importaba. Eu non quería que rematara. Quería chegar do cole cada tarde de luns a venres con Mariquiña, sentar no chan da sala da miña casa, encender a tele e ver un capítulo máis das aventuras de Micky e Yu e de tódolos seus amiguiños. Ver ese mundo de ensoño no que vivían, as súas cariñas de circunstancia, a gotiña de suor que aparecía tralas súas cabezas cando se vían en situacións comprometidas ou as súas meixelas coloradas cando pasaban vergoña. ¡Que bonitos eran! Coma todo o bo, rematou, pero eu non me lembro de ver o último capítulo. Imaxino que sería un final feliz deses de soltar a lagrimiña e dicir "Ohhhhh". É extraordinario o cariño que lle teño. Faime lembrar tan bos momentos... ¿como me puido marcar así unha historia de debuxiños? ¡¡Quero que a volvan poñer!!

1 Comments:

  • At 7:09 p. m., Blogger Marla Singer said…

    Eu víaa, recordo a Yu. Pero a que máis me gustaba e me gusta é Ranma. Víaa sempre e encantábame Ranma Saotome, Akane...estaba xenial

     

Publicar un comentario

<< Home