Mundo á parte

23 agosto, 2007

Un máis

Un día deixas de escribir, porque non tés tempo nin ganas.

Pasa unha semana e pensas. “desta vai”.

De feito, véñenche mil cousas á cabeza sobre as que che gustaría escribir.

Ves ducias de imaxes ou cousas curiosas que che gustaría compartir.

Fas algúns traballos que quererías publicar tamén neste espazo.

Pero de novo caes nas mans da desidia, que é máis forte ca ti e che impide estar diante do ordenador máis tempo do necesario, que non é precisamente pouco.

E déixalo pasar de novo.

Prefires ler o que escriben os demais, descubrir novos blogs e pasar sen deixar rastro pola maioría.

E, de pronto, caes na conta de que a última entrada do teu, data de hai xusto un mes.

E lembras que é o teu 'bloganiversario', ou como se diga.

Que se cumpren dous anos dende que comezaches a escribir aquí.

Entón pensas: “quizais é o momento de volver dar sinais de vida”.

E iso, que aínda que con poucas ganas, aquí estamos.

Un ano máis.


Etiquetas:

5 Comments:

  • At 9:17 p. m., Blogger Unknown said…

    Pois felicidades!! (e a ver se vemos máis post teus...) :P

     
  • At 1:16 a. m., Blogger paideleo said…

    Pois parabéns.
    A verdade é que a vida real absorbe máis tempo do desexable para adicar á interrede e ó final acabamos baixando o ritmo ou con medo a repetirnos.
    Pois nada, un saúdo para ti e outro para a túa curmá que parece que segue o teu método de blogueo.

     
  • At 1:38 a. m., Blogger amarante said…

    Parabéns e arriba esa ánimo!!!Porque ser xornalista e que che custe escribir...malo malo!!

     
  • At 5:55 p. m., Blogger vermella said…

    Xenial que decidas voltar e anima esa almiña que chega o outono e xa decae soa.
    bicos.

     
  • At 10:16 p. m., Anonymous Anónimo said…

    3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... simit placa - consultar simit por placa - consultar simit por placa - reporte del dicom gratis - consultar runt por placa

     

Publicar un comentario

<< Home