Mundo á parte

13 diciembre, 2007

Returning

Acabo de ler o último comentario de Leo e entráronme ganas de volver por aquí... A poucas horas de deixar Southampton ata o ano que vén, creo que van sendo horas de dedicarlle unhas palabriñas a esta cidade feita de trociños de todo o mundo.
A apariencia importa, claro que si. E este lugar que un día acolleu aos nenos de Guernica, gracias aos solidarios brazos mareiros, pode que non sexa o mellor sitio para quitar bonitas fotos, para alegrar a vista ou para enriquecerte culturalmente. Pero aínda así, síntome ben, e supoño que é polo ambiente. Este é un lugar cheo de estudantes Erasmus, de cores e de culturas. Un pequeno tapiz que me deu e me da a oportunidade de aprender doutros, aínda que nada máis sexa unha pequena receta de cociña. De feito, na miña casa xa temos un recetario internacional...
Tamén estou coñecendo este mundo ao revés que é Inglaterra. Gústame viaxar polos seus enoooormes campos verdes, ver como os esquíos saltan de árbore en árbore a cada paso que das polos parques, observar o comportamento e a vestimenta da upper class británica cando me toca traballar en carreiras de cabalos, comer muffins -engordei como 20kg- disfrutar de cidades como Londres ou Winchester... E non me gustan outras cousas, como que a xente nova bebe moito, non parece moi interesada en coñecer xente doutros lugares e que falan tan rápido que non lles entendo, ou o mal que se alimentan, o pouco coidado que teñen os conductores e o violentos que se poñen ás veces. F****!
E podería contar moitas, moitas cousas máis... pero dous meses -aínda que pasaron voando- dan para moito, e mañá espérame un emocionante día no que pasarei de estar na Illa a estar con Mariquiña uns fermosos días en París, que qué ganas de volver... e de volver a vela a ela!

Etiquetas: , , ,

5 Comments:

  • At 10:08 a. m., Blogger Elianinha said…

    Agardando para vervos.
    Ao final á cea, queda para o 27 (xoves) de decembro, agardando poder contar convosco. Faládeo, e contade.

     
  • At 4:11 p. m., Blogger Mariah said…

    Me costo entender pero mas o menos me entere de casi todo :p ya mismo aprendo gallego de leerte a ti y a mariquiña n_n

    I have many questions!! Donde estas de erasmus y cuanto tiempo y si es bonita la ciudad pfff es que he pedido la erasmus para el curso que viene y estoy un poco perdida. Todavia no se a que sitio me gustaria ir y tal.

    ^^

    Espero que sigas contando tu experiencia!!!!! :)

     
  • At 10:24 p. m., Blogger paideleo said…

    Alédome de que os meus choros desen resultado que xa te ía pór na listaxe de blogos parados.
    Non sabía o de Gernika e é curioso.
    Ese país ten bastante para ofrecer así que aproveita.
    E dálle un turrón de orellas á túa curmá que tampouco escribe.
    Bo nadal para volas dúas.

     
  • At 1:16 a. m., Blogger Murrucha said…

    juassss Sariñaaa que ganas de ler algo por aquí!! menos mal que actualizaches, mira que se deizabas de escribir despois de convencerme a min para abrir un blog...
    Pásao ben por París coa túa primiña.

    Bicos ás dúas.

     
  • At 4:25 p. m., Blogger Damián F. Maceira said…

    Hola guapa! Canto tempo sen saber de ti! Dende que rematamos no colexio en Vedra... estamos todos moi desconectados. ¿Así que andiveches polo mundo, non? Qué sorte... jeje

     

Publicar un comentario

<< Home