Mundo á parte

05 octubre, 2007

Lost in Southampton

Non sei por onde comezar. Hai un mes que non escribo, xa estou en U. K., e ainda estou un pouco perdida por aqui. Como observaredes, aqui non tenho nin enhe nin til, asi que igual vos custa algo lerme. Sintoo.
Ben, nada mais recoller a maleta no aeroporto, vin que me puxeran a etiqueta de 'heavy', e pensei que asi seria o dia que me esperaba. E non me equivoquei... Despois de andar dun lado para outro coas maletas, de beber por equivocacion auga con sabor a fresa que case me mata, de coller tickets en libras, de chorar no bus... A fin cheguei ao meu destino. Taxi, e para casa. Os meus companheiros, ainda que parecen moi majos, saben falar tan ben ingles que eu me sinto imbecil ao seu lado. Por riba, cando so pensaba en conectarme ao messenger para falar cos meus, atopome con que non furrula, minimo ata esta fin de semana. What a horror!!
Logo, gracias a unha companheira de Compostela, Miriam, as cousas foron cambiando algo. Ela axudoume moito co papeleo da facultade, presentoume xente, recomendoume lugares para comprar... en fin. Que se portou moi ben. Agora, cada dia estou mais acostumada a cruzar o East Park para ir a minha facultade. Southampton non e unha cidade moi bonita, creo, pero esa parte si. Estes dias vai solinho e ata da gusto pasear por ai, porque e moi bonito velo todo limpo, soleado, coas folhas do outono no chan, e ata esquios subindo polas arbores das zonas verdes, que hai bastantes. A parte, tenho sorte porque a minha casa esta bastante ben situada.
E eu penso que isto e suficiente, de momento, para que vos fagades unha idea de como me vai. En realidade tamen e unha excusa para dicir que estranho a minha terra, a minha fala, a minha xente, a minha casinha, a minha aldea, Compostela... E que o mellor nestes casos e pensar que esta e unha oportunidade unica e que debo aproveitala da mellor maneira posible, porque eu sei que a xente que eu quero e que me quere estara ai antes, agora e cando volva. Non si?

Etiquetas: ,

8 Comments:

  • At 6:29 p. m., Blogger cneirac said…

    My Gotinho. Menos dun mes e morrinha yet? Xur que non nids un espiche, sou aqui lle deixo un dixionari , forllutu ires levando as saudades. Olrai?

    Enijau, pense na Mariquinha entre gabachos e francesitas. Perjaps iso lle axuda :-D

    Si iu arraun da corna (atlántica).

     
  • At 9:34 p. m., Blogger Elianinha said…

    Onde oiría eu o de my gotinho? ;P

    Mira, se che sirve de consolo, pola miña experiencia, só se chora durante os primeiros quince días. Aí chórase bastante, pero tamén se acaba. O mes máis duro é o primeiro. Despois vanche pasar "in a flai".

    Sabes que aínda estabamos falando de vós onte á noite Hixi, Mari G e máis eu na Casa da Irmandade? Mentres ti vives unha experiencia única, os outros seguimos coa nosa realidade cotiá, preguntándonos por ti, por María, e desexando que teñades moita sorte.

    O malo é a saudade, que moito mal fai.

    Bicos a esgalla.

     
  • At 11:17 p. m., Blogger paideleo said…

    Agora sei por que non escribes...
    Muita sorte por esas terras. Eu botei ano e medio en Londres e cando cheguei non sabia nin conxugar o " to be ". Aos dous dias de chegar empecei a traballar nun hotel e explicoume unha polaca como ia todo e eu non entendia e ela empezou a falarme polaco e entendia o mesminho !.
    Bueno, que o pases ben que e unha experiencia unica. Pasase mal ao primeiro pero logo acabas collendo carinho a esa terra e xa miras Galicia dun xeito distinto.
    Hai un dito que di que a vaca non e de onde nace senon de onde pace asi que vaite amoldando.
    Un saudo.

     
  • At 4:59 p. m., Blogger Murrucha said…

    Claro que si Sariña a xente que te quere está aquí. Ti aproveita a túa estancia ahí que nuns días xa o verás todo de xeito diferente. Despois seguro que ata che da pena vir...Pensa que Nadal xa está á volta da esquina.
    Por certo, creo que se mantés pulsado ALT e despois tecleas 0241 sae o ñ. Proba a ver se da resultado. Eu facíao en Dublín.

    Bicazossss e apertas

     
  • At 8:12 a. m., Anonymous Anónimo said…

    I encourage Sara,that you were espeaking the English good, do not lose heart

    Un saudiño dende Compostela

     
  • At 4:01 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Claro que sí...

    Xa sabíamos que todos os comenzos son chunguillos, pero estou segura de que en xuño tamén chorarás... Cóidate!! Muak ;-p

     
  • At 1:17 p. m., Blogger oko said…

    é normal que esteas así ao principio. eu tamén estiven así, e estou case ao carón de casa... pero vas ver como o pasas tan ben que vai chegar o día en que non queiras marchar!!!
    biquiños bilbaínos!!!

     
  • At 1:18 a. m., Blogger paideleo said…

    Pois si que estás lost...

     

Publicar un comentario

<< Home