Mundo á parte

08 septiembre, 2005

"Paso" e ¡Pasooooooo....que vou!


Bua. Sigo sendo un caso. Tiña escrito un bo cacho da segunda parte de "De cando fun algo actriz II", pero de repente parei de escribir, vin que tiña un mogollón de liñas e pensei "¿e se á xente lle importa un nabo o que me pasou na TVG?, ¿e se estou a escribir para nada?, vou ocupar as follas dunha Biblia porque teño moito que dicir...". ¡Manda carallo na Habana! Así que, mira, parei de escribir, borrei todo o que tiña e pensei "paso". Paso de todo, tío, jaja. De ti non, non entendas mal. Pero paso de facer o bobo e de cansarme de escribir, cando penso que o mellor é que se non teño temas máis interesantes vaia contando aos poucos anécdotas que me pasaran, que non son poucas.
Por exemplo, uns días antes de comezar a miña andaina televisiva mandáronme ir ata as naves da productora para facer probas de vestiario, presentarme ao equipo e tal. Pois parece que tiña algún maleficio enriba, porque non sei se te lembras que xa cando fixera de figurante normal me deran un golpiño no coche... ¡Pois desta volta déronme un golpazo! Alí, na rotonda do Milladoiro, un vello flipao intentou xogar a ser un heroe e atravesar o meu coche dende o carril interior da rotonda a unha das saídas, pero saíulle ra. En lugar de esperar a que lle cedera o paso, veu de listo, créndose o amo da carretera e pensando "¡Passsssssooooooo, que vou!!!!!" Foi, foi... ¡foi parar ao arcén e eu ao medio da rotonda! Deume un golpe no meu bebé-coche de 3 mesiños, jodeulle unha aleta e fíxome chorar da rabia e do susto. ¡Que espectáculo! Alí, no medio da rotonda, eu soa (en fin, co meu super chaleco amarelo fosforito XXL de camisón), o vello maila súa muller, discutindo por ver quen tivera a culpa. Estaba claro: EL. Eu aínda era novata e tiña máis fresca a teoría ca el... Pero o señor empeñábase en que como lle dera detrás (é dicir, a súa porta lateral dereita bateu contra a miña aleta dianteira esquerda e iso é dar por detrás) eu tiña que pagar.
Total, que como non chegabamos a nada, acabeime fartando e dixen A FRASE: pois se non me cre e quere, chamamos a Tráfico. ¡Dito e feito! Logo de esperar case unha hora, apareceu a parelliña e, en dez minutos, despachounos.
-¿Quen conducía polo carril de fóra?
- A rapaza.
- Pois vostede ten a culpa.
¡Tomaaaaa, tomaaaa, toooooooooomaaaaa! Se xa o dicía eu, vaia... O señor disculpouse e tal, e o meu cochiño foi unha semana para o taller, pero ao final todo quedou nun susto. Oxalá os accidentes de automóbil fosen todos así...
E nada, esta é unha anécdota de tantas. Naquel momento pensara que era un aviso, que "algo" me estaba dicindo "non, non o fagas.... non, non traballes para unha serie da TVG..." Pero mira, aquí estou. E non me arrepinto. ¿Sabes por que? Cóntocho noutro momento.

4 Comments:

  • At 10:06 p. m., Blogger *Sara said…

    EStou pensando que menos mal... ¡menos mal ¿eh?! Que só escribín unha anécdota... Ups... :S Iso que "pasaba"...jejeje. En fin, se non tedes que facer, lede, lede. Gracias por su paciencia.

     
  • At 1:21 a. m., Blogger María M said…

    O dos teus links comeza a ser preocupante...

     
  • At 11:54 a. m., Blogger *Sara said…

    jaja, son imprevisibles. Ou como diría o teu "Guillermo"...

     
  • At 5:04 p. m., Blogger Elianinha said…

    Jajaja, que bo! hai que ter güevillos para plantarlle cara, enorgullézome de ti. A verdade e que ti coa tvg non tes moi boa sorte. Oe, pero conta a segunda parte, que seguro que é moi interesantes, ou é que tes algo que ocultar???

     

Publicar un comentario

<< Home