31 diciembre, 2006
27 diciembre, 2006
20NG
Ao comezo recoñezo que non estaba moi contenta. Pensei que ía pasar seis meses buscando documentación, pero afortunadamente só foi unha semana de desorientación por cuestións de mala pata, xa que os meus dous ‘xefes’ estaban ausentes. Agora, cada vez estou máis a gusto porque somos un equipo ‘pequeniño’ e fanme sentir como unha máis. Creo que me tocou traballar con boa xente e bos profesionais (fóra coña). Eu fago un pouco de todo igual ca eles. Que toca gravación? Aí estou. Contar en minuto e medio de imaxes ‘x’ tema? Pois veña.
Aínda que se trata dun programa de zapping, (iso si, ‘á galega’), o traballo que hai detrás é considerable. Pero ademais de aprender a coller o ritmo de traballo da tele e enterarme do que se coce nela, grazas a 20NG estou observando a historia da nosa polémica televisión moi de preto, coñecendo antigos protagonistas e como eran os que hoxe o seguen sendo. E así, entre erros e acertos, entre calamidades e bos profesionais, uns días levo as mans á cabeza e outros admiro o que observo no monitor. Vinte anos dan para moito e non todo ía ser malo!
En fin, que a algúns vos gustará este programa e outros non lle veredes o chiste nin o interese por ningures, pero, segundo me afirmou un ‘importante’ xornalista nunha entrevista para o GH, “non hai nada máis democrático que o mando a distancia”. Palabra de titular.
Etiquetas: galega, prácticas, televisión
17 diciembre, 2006
E ao lado delas
Onte tamén rematou con outra noite para non esquencer. Con dous 'cumpreanos felices' incluidos, case medio cento de persoas reunímonos con motivo da preestrea de As farolas, unha curta da que xa falou María cando se estaba facendo.
Alí estabamos Abelardo -o director-, o equipo técnico e o artístico -incluidos Pepe Penabade, Combecha e Miguel de Lira-, máis un grupo de teatro do Carballiño que actuara pola tarde en Vedra como convidados 'de excepción'. Case en familia, vaia. Por cortesía de Abel, tivemos o privilexio de ver os primeiros resultados de meses de traballo ao lado dunha boa e animada cea.
Foron uns 29 minutos de cinta e de espectación que remataron en soados aplausos por parte dos presentes, a pesar de que algúns xa se foran coando entre esceas e farolas. Só quedaba felicitar a todo o mundo involucrado neste proxecto por todo o traballo e, sobre todo, pola enorme ilusión coa que se fixo. E, como non, festexalo no 'noso' Metro.
A banda sonora desta curta, creada por Marcos Guitián, di "tanto tés, tanto vales". Extrapolando o contexto, penso que esta experiencia ten tanto de positivo que o seu valor é incalculable para a maioría dos que temos algo que ver con ela. Unha vez máis, sinto orgullo por poder aportar un pequechiño grao de area en algo así e de poder compartilo cunha chea de persoas excepcionais. Cando teñades a oportunidade de ver As farolas, darédesvos de conta de que estou rodeada de verdadeiras estrelas.

Etiquetas: andaravía, as farolas, curta, papaventos
Baixo as estrelas
Escribir sobre 'Bicos no Principal' xa estaría de máis, tralos fermosos e completos relatos de Eli e de María. Eu limítome a amosar algunhas imaxes do 'antes e despois' da actuación. Moitas gracias a todos os que decidistes compartir unha horiña e pico connosco, Andaravía-Papaventos, baixo as estreliñas do teito dese inesquecible teatro compostelán.
Etiquetas: andaravía, bicos, papaventos, teatro
01 diciembre, 2006
Abrentes
Ás veces, non hai máis que saír á ventá para ver verdadeiras obras de arte. Mágoa que estean envoltas nunha aura de fugacidade.
Etiquetas: cousas da vida