Mundo á parte

06 mayo, 2007

'As farolas' en Onda Curta

As farolas chega hoxe á tele. Teredes a oportunidade de comprobar o boa actriz que é a nosa mariquiña (a prota), sen desmerecer, por suposto, o traballo de Eli, Antón, Fonsinho... e tamén o cariño e a ilusión coa que traballa un equipo practicamente afeccionado nisto do audiovisual, tanto diante como detrás das cámaras. Aínda que a hora do programa lle irá un pouquechiño mal a case todo o mundo, sempre se pode deixa a gravar ;). Senón, teredes a oportunidade de velo na web da CRTVG a partir de mañá.
E noraboa a todos os implicados! :)

Etiquetas: , , ,

17 diciembre, 2006

E ao lado delas

Onte tamén rematou con outra noite para non esquencer. Con dous 'cumpreanos felices' incluidos, case medio cento de persoas reunímonos con motivo da preestrea de As farolas, unha curta da que xa falou María cando se estaba facendo.
Alí estabamos Abelardo -o director-, o equipo técnico e o artístico -incluidos Pepe Penabade, Combecha e Miguel de Lira-, máis un grupo de teatro do Carballiño que actuara pola tarde en Vedra como convidados 'de excepción'. Case en familia, vaia. Por cortesía de Abel, tivemos o privilexio de ver os primeiros resultados de meses de traballo ao lado dunha boa e animada cea.
Foron uns 29 minutos de cinta e de espectación que remataron en soados aplausos por parte dos presentes, a pesar de que algúns xa se foran coando entre esceas e farolas. Só quedaba felicitar a todo o mundo involucrado neste proxecto por todo o traballo e, sobre todo, pola enorme ilusión coa que se fixo. E, como non, festexalo no 'noso' Metro.
A banda sonora desta curta, creada por Marcos Guitián, di "tanto tés, tanto vales". Extrapolando o contexto, penso que esta experiencia ten tanto de positivo que o seu valor é incalculable para a maioría dos que temos algo que ver con ela. Unha vez máis, sinto orgullo por poder aportar un pequechiño grao de area en algo así e de poder compartilo cunha chea de persoas excepcionais. Cando teñades a oportunidade de ver
As farolas, darédesvos de conta de que estou rodeada de verdadeiras estrelas.

Etiquetas: , , ,