Mundo á parte

08 mayo, 2007

Cando te volverei bicar?

Non sei como definir os 'Bicos' de antonte. Quizais... como os máis emotivos. E tamén foron choróns e riseiros, non sei. Especiais... Únicos. Porque o domingo foi a última vez que Mariquiña máis eu murmuramos "moita merda!" entre bambalinas e saltamos ao escenario namentres se facía a luz, ao compás do son que en tantos bos momentos nos acompañou.
Aínda co salgado das bágoas máis precoces, que logo secaría o pano de Raphael, fomos testemuñas dos bicos máis apaixoados entre 'tómame-e-déjames", asistimos á eterna reconciliación de Chelo e Santi, perdémonos polas leeeeeentas redes de 'cafeteras' e cantámosche só a ti/bajo el cielo. Non puidemos repasar as instalacións porque a señora da casa estaba maliña da gorxa, pero Ramón e Susi tiveron o seu enésimo fillo e Desi volveume roubar a July. Tamén convidei a Irene "2" a facer un pastel de amorodos a pesar de non ser domingo na cultura hebrea e observamos como unha moza lle pedía con moito gharbo ao seu primo que lle fixera o amor entre montañas de simpáticos lapsus. Entón, contaxiámoslle as gargalladas ao público namentres intentabamos aguantar as ganas de partirnos de risa diante de todos, pero foi imposible. Nin a terapia mix fixo bo de nós! E é que... xa non podiamos máis, xa non podiamos máis!
E cho
ramos con ganas. De risa, todos. De emoción, case. Vale, si... case chorei eu por todos, pero iso é porque tiña máis reservas ;). E porque, despois de seis anos (dous para María), que os compañeiros de Papaventos pidan un aplauso especial para nós porque imos tomar un 'kit-kat'... En fin. Coa lágrima fácil que teño... como non vou chorar!? Os vindeiros meses botarei en falta a esta xentiña e os seus abrazos, como non, ao teatro en si, o calor do público e... os pinchos e as post-actuacións!! ;P. Pero aínda que nos ausentemos uns meses, María máis eu teremos reservado un par de papaventos para volver cando chegue a hora, eh? E dende a distancia, seguiremos apoiando iso tan bonito que logramos ter entre todos. E nada, que estou desexando ver a cinta que porta o valioso documento dominical para volver ter dores de barriga de tanto rir.

P.D. Eli-Irene "1", boteite en falta, igual que a Breo...



Etiquetas: , , , , ,

17 diciembre, 2006

Baixo as estrelas


Escribir sobre 'Bicos no Principal' xa estaría de máis, tralos fermosos e completos relatos de Eli e de María. Eu limítome a amosar algunhas imaxes do 'antes e despois' da actuación. Moitas gracias a todos os que decidistes compartir unha horiña e pico connosco, Andaravía-Papaventos, baixo as estreliñas do teito dese inesquecible teatro compostelán.

Etiquetas: , , ,

26 noviembre, 2006

Na rede:

Xa podedes ver o cartel do V Festival Agustín Magán de Teatro Afeccionado aquí.

María, volves saír en 1ª plana!! ;)

Etiquetas: , , ,