20NG
Ao comezo recoñezo que non estaba moi contenta. Pensei que ía pasar seis meses buscando documentación, pero afortunadamente só foi unha semana de desorientación por cuestións de mala pata, xa que os meus dous ‘xefes’ estaban ausentes. Agora, cada vez estou máis a gusto porque somos un equipo ‘pequeniño’ e fanme sentir como unha máis. Creo que me tocou traballar con boa xente e bos profesionais (fóra coña). Eu fago un pouco de todo igual ca eles. Que toca gravación? Aí estou. Contar en minuto e medio de imaxes ‘x’ tema? Pois veña.
Aínda que se trata dun programa de zapping, (iso si, ‘á galega’), o traballo que hai detrás é considerable. Pero ademais de aprender a coller o ritmo de traballo da tele e enterarme do que se coce nela, grazas a 20NG estou observando a historia da nosa polémica televisión moi de preto, coñecendo antigos protagonistas e como eran os que hoxe o seguen sendo. E así, entre erros e acertos, entre calamidades e bos profesionais, uns días levo as mans á cabeza e outros admiro o que observo no monitor. Vinte anos dan para moito e non todo ía ser malo!
En fin, que a algúns vos gustará este programa e outros non lle veredes o chiste nin o interese por ningures, pero, segundo me afirmou un ‘importante’ xornalista nunha entrevista para o GH, “non hai nada máis democrático que o mando a distancia”. Palabra de titular.
Etiquetas: galega, prácticas, televisión
3 Comments:
At 10:24 p. m.,
paideleo said…
Fai gracia ver imaxes de hai vinte ou quince anos; mudan as modas e as pintas son para rir.
Alédome de que che goste o traballo e os compañeiros. Que todo siga así. Quen sabe ?...ó millor acabas traballando na tele ou no GH.
Un saúdo e que o 2007 che veña con cousas boas que o mereces por piropeadora, ha, ha.
At 9:54 a. m.,
Anónimo said…
Feliz Aninovo, e enhoraboa polo teu traballo na TVG, pronto te veremos presentando un telexornal
At 12:50 a. m.,
Anónimo said…
Moitos parabens!! que teña moita sorte!
Publicar un comentario
<< Home