Na casa do ferreiro, coitelo de pau...
BLA Ás veces, falas con persoas que, polo que representan profesionalmente, deberían contarche moitas cousas interesantes e de proveito, ideas e conclusións propias froito da experiencia. E, porén, das con persoas dese tipo que falan moito pero que apenas din nada.
BLA
Dende o outro lado, cando tés que manter unha actitude correcta despois de facer a mesma pregunta tres veces e ser esquivada outras tantas, non queda máis sensación que a de sentirse... frustrada? Non sei se é iso exactamente, porque non é que non che respondan. Fano, pero de xeito que esa persoa di o que quere ou o que lle convén. Entendo que a xente non queira meterse en camisas de once varas, que modere un pouco o que sabe que vai ser publicado... Pero por favor! Hai maneiras de ser sutís, de dicir as cousas e de demostrar que tés criterio, valores e que estás aí ("arriba", ademais) por algo.
BLA
Ao rematar, daste conta de que estiveches a falar cunha persoa media hora e de que da cantidade de cousas que che contou, tres cuartas partes son obviedades. E hai que buscar un titular... e un subtítulo... e dous destacados... mimadriña! Se de onde non hai, non se pode sacar...
BLA
Loxicamente, tampouco che queda moi bo recordo desa persoa en cuestión. E que conste que, neste caso, apenas sabía un par de datos básicos dela antes da conversa pero, despois, entereime de que non goza de moi boa prensa(e nunca mellor dito) en xeral. Comigo non é que fose desagradable, nin moito menos, pero deume a impresión de que, por momentos, falaba con dúas persoas distintas. En fin. Ao mellor só son percepcións miñas, pero sinto que pouco quitei en limpo. Supoño que terei que atopar moitas máis persoas así ao longo da profesión e da vida, que non todas van ser tan riquiñas como a da miña primeira entrevista. "Gajes del oficio". BLA
8 Comments:
At 10:46 a. m.,
acedre said…
A verdade é que todo está mandado pola pantalla e detrás dela vese o baleiro de muita xente que parece importante.
Pasa o tempo e non acabo a acostumarme a descubrir xente oca que está en postos importantes e que o ten crido.
A ver se teño máis vagar para empezar o novo blogo.
Podo dicir que todo segue o seu ritmo e de saúde ben.
At 5:49 p. m.,
cneirac said…
Si. Sería moito mellor que viñera(des) a facer unhas entrevistas aquí, non si Acedre? Interesante non sei se sería, pero máis divertido, sen dúbida. Ou se cadra hai que manter o blog a salvo das olladas da xente da redacción, hahahaha.... ;-)
At 5:49 p. m.,
cneirac said…
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
At 12:44 p. m.,
elduende said…
Pois vai ser que é tarde para manter o blog no anonimato.
*Ollada cara a dereita, ollada cara a esquerda*
Si, ben, pasaba por aquí e...
Modo abuelo batallas ON
O peor do 'gambeteo' de preguntas é que nunca deixa de pasar. Tras un ano entrevistando políticos, creo que podo confirmalo. Nunca che van responder claro a un tema comprometido e como non se trata de interrogalos ó estilo chileno (descargas eléctricas nos xenitais incluídas), un queda coas ganas. Eu o que fago neses casos e publicar a pregunta tal cal e a resposta tal cal, xa que se fan os suecos, que o lector o note.
Modo abuelo batallas OFF
Perdoa a intromisión, pero é que non me puiden resistir a comentar esta entrada. Saúdos redaccionais e espero non ter molestado.
At 12:29 a. m.,
*Sara said…
Graciñas a todos polos comentarios. Xa fixen un par de entrevistas máis, igual non a xente tan "tan", pero con máis que dicir, dende logo. Supoño que hai xente para todo e non veñen mal experiencias de todos os tipos para curtirse, non? :)
Duende, dende logo que non molestas, ao contrario! Deixa o teu comentario cando queiras. :D
At 4:44 p. m.,
Anónimo said…
DENDE AQI TAMEN SE LEN AS ACTUALIZACIÓNS ;)
UN BICAZO
At 1:16 p. m.,
Unknown said…
non sei que pasa pero semella que en canto alguén está nun posto un pouco importante, xa non se lle pode nin facer unha pregunta... Por sorte, sempre hai xente boa en todas partes, e ás veces cúmprese ese soño de que alguén con responsabilidade, tamén é agradable nunha conversa con algún medio... todo chegará...
At 1:56 a. m.,
Anónimo said…
This is very interesting site... Pure+white+teeth+whitener Cash fax loan no quick 20 Coast ballroom dance shoes Paris hilton one night in paris dvd Bed shock treatment water Pepperpot stationery Cheap church webhosting http://www.car-rental-5.info Bingo masterboards volvo xc90 review rechargeable batteries Gynecomastia propecia Flax seed oil and acne Article incorporation charter school verizon wireless phone plans consumer report clothes washers recommmended shopping shoes
Publicar un comentario
<< Home