Mundo á parte

28 agosto, 2005

Unidos pola colada

Unha noite, un número que non coñezo empeza a darme toques. Despois de preguntarlle aos meus amigos se o teñen, e comprobar que non, xa me impaciento. Decido agardar ao día seguinte para ver se os toques persisten e, como é así, mándolle un sms a ese estraño número. Esperaba calquera persoa antes da que resultou ser: un rapaciño de 16 anos, amigo de meu irmán e, á parte, veciño case da porta. Tan veciño, que a ventá da súa habitación dá cara á da miña cociña e, no piso de arriba, ao lugar onde pranchamos a roupa (ixa sei que é pasar o ferro, pero en fin...)
As sms non poñen nada explícito, pero sí cousas subliminais que me fan pensar que a próxima vez que vexa a meu veciño, seguro que está un pouquiño máis colorado ca de costume. Non se corta en canto a bonitos piropos, biquiños deses virtuais e un "tengo ciertas curiosidades que ya te las preguntaré". ¡E o raparigo ten moza! Pero o único que son capaz de pensar sobre el é que é tierno, jajaja.
Un mediodía, varrendo a cociña, dinme de conta de que o chaval estaba na súa ventá cunha peza de roupa na man. "¿que fará?". Pois nin máis nin menos que pranchar. ¡O neno trasladou o lugar de pranchar ao ladiño da ventá do seu cuarto! (Madres del mundo, si quereis que vuestros hijos planchen, poned una vecina en vuestra vida, jajaja). Dende alí, mírame, estira a súa man e saúdame. Devólvolle o xesto cun sorriso e penso sorrindo "hala, unha escena de Romeo e Xulieta, ¿ou será a típica do adolescente que medio se "namora" da irmá do amigo?".
A verdade é que de momento aínda non se presentou unha oportunidade para saber sobre que quere curiosear, pero calquera día pasa. O neno máis eu estamos unidos por un fío... de colgar a roupa. Non me estrañaría nada con esa afección que pillou por facer a coada, atoparmo un día ao lado da miña roupa interior semi húmida (uiiii, que erótico me quedou) colgando a súa, e oír cousas como "Hola sielo, ¿recuerdas que tenemos una conversación pendiente...?

8 Comments:

  • At 5:27 p. m., Anonymous Anónimo said…

    A ti o que che pasa é que ves moitas películas...

     
  • At 10:30 a. m., Blogger *Sara said…

    Pois claro! Delas quitei as similitudes con esceas típicas e as miñas hipóteses sobre o que podería pasar con este raparigo,jaja. O resto é verdade.

     
  • At 12:14 p. m., Blogger Marla Singer said…

    jajajajajaja ese mociño quere a unha rapariga con experiencia...

     
  • At 7:59 p. m., Blogger Unknown said…

    Que sorte, iso de ter a un raparigo a un par de metros. Onde vivo eu, cun hotel en fronte, só podes espiar á xente rara que pasa alí as súas noites, imaxinándote qué remota razón os trouxo a esta cidade-purgatorio que é Ourense

     
  • At 10:59 p. m., Blogger *Sara said…

    ¿Cidade-purgatorio? Teño un amigo que estivo aí uns cantos días de vacacións e volveu encantado, sobre todo da experiencia de saír por Ourense. Dixo que a xente é moi enrollada e que hai lugares moi chulos. Pero claro, imaxino que non é o mesmo pasar uns días que vivir sempre nun lugar...

     
  • At 12:37 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Se xa o di o cura: eres a mismisima encarnación do pecado; aí estás, pervertindo almas puras (é que iso da roupa interior un pouco húmeda, ten telita...)
    Qué envexa! Non é xenial saberse a fantasia de alguén?

     
  • At 12:10 a. m., Blogger *Sara said…

    jaja, xenial, xenial... poderíase dicir que axuda a subir un pouquiño a autoestima, pero no fondo sabes que son cousas de rapaces. :D

     
  • At 2:17 p. m., Blogger Unknown said…

    é que os de Ourense somos un pouco complicados...todos mantemos unha relación amor-odio coa nosa cidade...

     

Publicar un comentario

<< Home