Mundo á parte

26 agosto, 2005

Envexa da boa


¡Que alegría! Despois de "publish" o meu primeiro post e de recibir os meus primeiros comentarios (de quen eu esperaba :oP), sinto xa unha inauguración máis plena do "meu mundo". Non obstante, cando abro a blog dunha amiga teatreira e colega de facultade, leo: ENTRADA 100. Así, con maiúsculas e todo, celebra que xa escribiu 100 post, e... claro, iso faime pensar que aínda me queda moito que aprender disto das weblogs. Pero o máis importante, é que me queda gañar o teu cariño, ou polo menos as túas ganas de curiosear, para que me dediques uns minutiños cada vez que entras en internet e te dignes a ler o que escribo e a poñerme algo se che apetece. Noraboa Elianinha, porque parece que ti o lograches. ¡Que envexa! ¡Pero da boa, ¿eh?!
"Quien no es envidiado, no es digno de serlo". Esquilo de Eleusis

2 Comments:

  • At 11:10 a. m., Blogger Elianinha said…

    Que fermoso!!! Benvida ao blogomillo, pero 100 entradas ou 2 tanto dá, o importante é a vontade de facer chegar aos demais unha parte de ti, esa parte que ti desexas. Graciñas pola noraboa, que agora eu che fago chegar por este novo espazo na rede. Por certo, non sei se viches bitácoras na facultade, pero a nós dixéronnos que as páxinas web comezan a ter moitas visitas a partir dunha semana, cando comeza a correrse a voz de que tes unha web. Funciona así, así que non te preocupes, que dentro de pouco xa terás un auxe de visitas.
    Tempo ao tempo. E non te preocupes, contas coa miña visita!!! Co que me aburro nesta axencia... Ademais, é unha forma que me gusta moito de saber dos demais.
    Un biquiño,
    PD: alegrome de que sexa envexa da boa.

     
  • At 5:11 p. m., Blogger Elianinha said…

    Por certo, non sei se a cita se refire a min, pero aínda así, me halaga un montón. Mira que eres, Rita Carballo.

     

Publicar un comentario

<< Home