Mundo á parte

26 agosto, 2005

O noso estraño espertador


O subconsciente é algo extraordinario. Durante o curso, case sempre esperto uns 5 minutos antes de que me soe a alarma do móbil. E, en vacacións, todo o contrario: non me inmuto ata que miña nai se cansa de andar soa pola casa e me quere ver funcionando, entra no meu cuarto e abre a ventá. Pero... ¿que pasa se aínda estamos de vacacións e miña nai non está, como agora? ¡Pois nada, porque o meu despertador biolóxico non cambia o chip! ESta mañá, non sei como, espertei co móbil no medio das mans, soando... ¡E iso que o deixara enriba da mesita! Pero cando vin a hora que era, dinme de conta de que pasaban 15 minutos da hora que puxera para espertar. Menos mal que o repetidor de alarma fixo a súa función, porque me parece que o meu despertador biolóxico non concibe vacacións sen o ¡Vamos, Sara! de miña nai. ¿Cres que poderei ser independiente algunha vez así? :o( En fin, sempre me quedarán os repetidores de alarma...
"El sueño y la esperanza son los dos calmantes que concede la Naturaleza al hombre".Federico el Grande

5 Comments:

  • At 1:55 p. m., Blogger Elianinha said…

    Nunca fun capaz de espertar antes que o despertador.

     
  • At 2:26 p. m., Blogger *Sara said…

    ¡Pois mira que a min me pasa a maioría das veces...! Pero xa che digo... cando non fai falta.

     
  • At 8:16 p. m., Anonymous Anónimo said…

    ¿E que hai de cando a reloxería biolóxica falla e noite tras noite un esperta á mesma hora e xa non volve concilia-lo sono hasta que o reloxo, o de veras, o fodido de cada mañán, repenica e repenica para sacarte do, agora sí, sono profundo no que te sumiron horas e horas de insomnio? ¿Que día che pode esperar despois diso...?

     
  • At 9:00 p. m., Blogger *Sara said…

    Teño a sorte de que ata agora o meur reloxo biolóxico nunca fallou desa maneira, nunca me fixo o que a ti. Pero o que me pasa moi a miúdo é estar no mellor do sono e que meu irmán ou miña nai veñan a me tocar a moral "¡Arriba, Sara!" Entón, o que estaba soñando, esquéceseme. A tranquilidade da que gozaba, vólvese ira. E a miña cara anxelical (jeje) convértese na dun verdadeiro diablo. ¡Por non falar do meu humor matinal...!

     
  • At 6:20 p. m., Blogger Marla Singer said…

    joder, lucía iso mesmo me pasa a min, é horrible!

     

Publicar un comentario

<< Home