Mundo á parte

25 agosto, 2005

Luces,cámaras... ¡Acción!


Dende este momento, ¡o meu pequeno mundo virtual ve a luz! É moi satisfactorio ver que o logrei despois de facer "click" en tantos sitios, de volver comezar unha e outra vez, de tomar decisións tan trascedentais como que plantilla seleccionar... ¡Pero á fin o conseguín! Agora teño un mundo propio dentro do grande universo cibernético que, dende xa, compartirei contigo. Estaremos á marxe da realidade común, mergullados en outra que chaman "virtual". Aillarémosnos do mundo que coñeces, para entrar noutro que pode ter moito ou nada que ver con el. Convídote a xirar comigo neste "mundo á parte" no que aínda non sei sobre que vou escribir. Imaxino que do que me apeteza cada día, do que máis me impacte, do máis insignificante, de algo que sinta e queira compartir... Que non che estrañe se un día o teu nome aparece por aquí, ou se escribo xusto sobre algo no que pensaches a noite pasada. Todo pode suceder neste mundo...
"Vivir no es sólo existir, / sino existir y crear, / saber gozar y sufrir / y no dormir sin soñar." Gregorio Marañón
P.D. Quero agradecerlle publicamente a Ladybird (4ever) a súa colaboración e dedicarlle estas liñas coma se de un Goya se tratara, (;oD) pois axudoume a non desesperarme na construcción desta blog. Ademais, case seguro vai ser a primeira en deixarme un post, ¿verdade? :o)

4 Comments:

  • At 8:01 p. m., Blogger María M said…

    Lady Bird á fala. Definitivamente, encántame o meu alcume anglosaxón. Pero separado. Aquí estou. Tiña que ser a primeira. Por obligación. Despois da túa suplicante indirecta non me quedaba outra. Pero encantada de comezar a xirar contigo neste mundo á parte igual que o fago no real. Amigas para siempre lailo lailo lailo lá!!! Ejem... Sí axudeiche, teño que recoñecelo. Sabes que son toda unha autoridade na materia. Incluso mirei no diccionario por ti para bautizar este "outro eu" teu (qué chungo!). Non teño prezo como amiga, xa o sabes.
    Moita sorte.
    P.D. Ah! E non te preocupes que cando gane un Goya tamén te mencionarei.

     
  • At 8:04 p. m., Blogger María M said…

    Dios! Quen non me coñeza, ó ler o meu post pensará que son repelente.

     
  • At 9:53 p. m., Blogger *Sara said…

    Jajaja, sabía que non fallarías, pequena Lady Bird. Aínda que o de mirar o diccionario para ver se en galego era á parte ou aparte o único que fixo foi corroborar o que eu pensaba, nena... Bromas á parte. (XD),¡ graciñas polas túas palabras!

     
  • At 1:09 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Holas sariña, noraboa polo teu novo rincón cibernetico, eu xa hai tempo q teño un, pero podese decir q me hospedo noutra comunida e q o meu non e tan personal como o teu posto q de min escribo pouco. Inda asi convidote a q visites a miña taberna cando che apeteza botar unhas risas, q pa eso creo q si que vale. Bikos e sorte neste proxecto teu.
    PD: Encantanme as citas q pos debaixo de cada entrada.

     

Publicar un comentario

<< Home