Mundo á parte

27 agosto, 2005

Mañá gris

¿Nunca te levantaches coas ganas de dicir "¡Dios! ¿Por que teño que existir? ¿Por que me tocou a min, eh?! E pensas: "quero largarme, deixalo todo, porque, á fin, ¿de que vai valer?" Despois dunhas curtas horas de descanso dame por pensar que realmente son capaz de sufrir por cousas que outras persoas (afortunadas) serían capaces de afrontar cun simple "paso de todo", por exemplo. O ceo anubrado axuda a darlle unha tonalidade máis gris ao meu estado de ánimo, e síntome máis pequeniña e insignificante aínda neste mundo que tantas e tantas veces non entendo. E que tantas e tantas veces me fai sentir coma se as peores alimañas me corroeran por dentro. Pero ao mesmo tempo, sei que segundo vaian pasando as horas me "readaptarei", porque non me queda outra, e deixarei de facerme preguntas estúpidas e de pensar estas cousas das que ti mesmo podes estar rindo agora.

6 Comments:

  • At 1:34 p. m., Blogger Marla Singer said…

    non eres a única, a min pásame a miúdo, por desgracia

     
  • At 1:46 p. m., Blogger Elianinha said…

    Eu son das de "paso de todo". De feito ata o digo durmindo. O outro día veu unha amiga durmir comigo. E espertouse cando de repente eu empecei a falar en soños e dixen "buff, paso de todo, tío". Xa ves, son terriblemente pasota.
    ¿Que o ceo está gris? Entona mellor cunha cidade de pedra, como é Santiago. Pégate un paseo polas súas rúas e descubre o encanto que ten esta cidade nos días nubrados. ¿Que durmiches poucas horas? Seguro que cando pilles a cama as disfrutas máis. Sempre hai algo positivo en todo... Aínda que as veces é case imposible atoparllo.

     
  • At 1:59 p. m., Blogger Unknown said…

    Non sei, creo que debe ser por estar na cidade máis calurosa de Galicia e con máis incendios pero ver o dia nublado e fresco como o de hoxe alédame a mañá. Sen embargo tamén teño que recoñecer que me sinto como dís no teu post demasiadas veces...
    Por certo, benvida ó mundo das blogs hehehe!!!

     
  • At 3:32 p. m., Blogger *Sara said…

    Afortunadamente, confírmase que a medida que avanza o día, ves que todo vai mellor. Hai pequenas cousas que che fan borrar de pronto os sentimentos máis negativos e poñer no seu lugar un sorriso. Un bo plato de fresas maduriñas, uns minutos de relax total no sofá, a chamada de alguén que queres, un "bos días" amable... En fin, cousas que, por insignificantes que parezan, consiguen que ti non te sintas como tal.
    P.D. Gracias pola benvida, Kefalay!! ;D

     
  • At 5:18 p. m., Blogger Elianinha said…

    Umm, amorodos... Que ganas tiña eu de pillar fresas. Aínda vou ser eu que ten envexa... pero da boa eh!!! ;oP

     
  • At 6:17 p. m., Blogger Marla Singer said…

    A min o que me pasa é o de pensar por que nacín, os días nublados encántanme!! Non quero que os meus comentarios chaman ó erro

     

Publicar un comentario

<< Home