Mundo á parte

31 agosto, 2005

De cando fun algo actriz...

Estes últimos días varios amigos e coñecidos dixéronme que me viran na tele. Entón, pensei que un ano parece moito tempo, pero non. Doume de conta de que non é nada, cando fago memoria e son capaz de lembrarme de moitas cousas que pasaron coma se fosen onte. Por exemplo, lembreime da miña experiencia en televisión. Acórdome de como empezou todo...
Primeiro, en xuño, logo de facer un casting na facultade veciña, tiven a sorte de que me chamaron para figuración especial. Tiven que dicir unha frase tan longa coma "¡Auxilio, socorro!". Só por dicir esas dúas palabras, xa me pagaban o doble ou máis que a calquera figurante normal. Aquel día foi duro, pasei moitas horas pillando moreno de obreiro metida nunha enorme funda azul e nunhas botas dous números maiores co que levo, baixo unha calor agotadora e escoitando cada dous por tres:"previdos... cinco... gravamos!", "corten!", "repetimos"... Mimá. Claro que tamén tivo as súas cousas boas, coma coñecer a atractivos actores coma ese que en breves teredes en T5 e que fai tanta publicidade (clínicas Vitaldent, por exemplo).
En agosto, para a miña sorpresa, volvéronme chamar. Desta vez tiñan unha nova proposta: figuración pero mantendo un personaxe en 3 capítulos. Aceptei e, en vez de gravar só 3 capítulos, a cousa alongouse e fixen algúns máis. Pero esa segunda parte da historia escribireina mañá, que agora, sinceramente, apetéceme tanto seguir escribindo coma volver a enfundarme durante máis de 7 horas baixo unha calor criminal para dicir dúas puñeteras frases. Seguro que para ti tamén é máis cómodo ler esta longa historia en dúas partes. :oD ¡Mira por onde descubrín o post-partido! ¬¬ pasarei á Historia...

6 Comments:

  • At 3:38 a. m., Blogger María M said…

    Lémbrome ben dese día. Moreno obreiro, suor, deshidratación, e polvo ata na... parrusca. Ata lembro que Comba Campoy me perdeu un pendiente e que comín melón ó lao dese José Coronado á galega. Da TVG a Hollywood! me dixera Emma. Non sabía eu que pa chegar a alá había que subir esa costa de terra a 40º con esas putas botas pa despois non saír nin un segundo na tele. Je, je. Culpa miña por este afán de protagonismo. Un día pa olvidar. Joder! Se ata nos deron unha hostia no teu coche recén estrenao que case tes que recibir axuda psicolóxica para superar o trauma. Paciencia. E todo por pisar a alfombra vermella algún día embutidas en vestidos de deseño, por ter entre as nosas mans ó tío Óscar e por ter a oportunidade de irnos á cama con Brad Pitt ou Orlando Bloom. Como se fose pa tanto...

     
  • At 12:41 p. m., Blogger *Sara said…

    Jaja, pois si que tiven un trauma, si... Do golpe que levou o meu pobre cochiño xa nin me lembraba, e iso debe ser porque é un recordo tan malo que quedou no meu subconsciente esperando a que algo alleo (non é un insulto pa ti, Mariquiña, XD) o fixera aflorar de novo.
    Pero aue ben sabía o condenado melón con xamón ao lado do "Coronado galego" (agora no reparto de "El pasado es mañana"). Iso si que é un doce recordo... Uhm!!
    ¡Ah! ¿Recordas que pedías a gritos crema solar e só unha das maquilladoras se apiadou de ti? jajaja. Es que estos figurantes que van de estrellas por la vida...

     
  • At 11:04 a. m., Blogger Elianinha said…

    Ai, Sara, non te me ofendas... Sara Bernhardt, foi unha das mellores actrices que veu este planeta. Se ti levas nome de artista...

     
  • At 8:39 p. m., Anonymous Anónimo said…

    I am able to make link exchange with HIGH pr pages on related keywords like [url=http://www.usainstantpayday.com]bad credit loans[/url] and other financial keywords.
    My web page is www.usainstantpayday.com

    If your page is important contact me.
    please only good pages, wih PR>2 and related to financial keywords
    Thanks
    appeapMarly

     
  • At 10:48 a. m., Anonymous Anónimo said…

    [url=http://www.mikeditkajersey.com/]Women's Mike Ditka Jersey[/url]

    Unless you believe in pet psychics, there's really no way for you to read your pooch's mind and figure out exactly what she's thinking If this far fetched notion were founded at all you wouldn't be on this sentence It is with this in mind that I share the following 7 keys to running a successful business

    [url=http://www.broncosnflprostore.com/]Von Miller Elite Jersey[/url]

    Again, use your intuitionYou can have a second person hold the dog while you wash him if you're using an area too large to fence him in Consider this for a moment!So what is Free Will in the first place?Free Will is very simpleThe simple, softheaded strategy is pre-empting the attack through applying Challis's technology

    [url=http://www.freeshippingcheapjerseys.com/]Cheap Jerseys[/url]

     
  • At 2:21 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Wow, this paragraph is nice, my sister is analyzing
    such things, therefore I am going to convey her.

    Feel free to surf to my web blog: Zahngold Rechner

     

Publicar un comentario

<< Home