24 septiembre, 2006
13 septiembre, 2006
Algo para ti
Onte á mañá o carteiro chamou dende fóra. Non me coñecía porque non era o de sempre, pois este está de vacacións, así que mentres eu baixaba as escaleiras preguntoume se era Sara. Despois de dicirlle que si, díxome que tiña algo para min. Pensei que á fin chegara un paquete polo que levaba uns días agardando, así que lle preguntei se lle tiña que pagar algo. Para a miña sorpresa, díxome que non e logo riu. 09 septiembre, 2006
Vedra 2006
Estar na Comisión das Festas é bonito e duro á vez. Disfrutas vendo como a xente o pasa ben en algo que levas agardando todo o ano e polo que intentas dalo todo os tres días clave. Non obstante, dentro do grupo sempre hai quen se esforza máis e quen menos, e claro que tamén hai quen pasa de todo. Iso é un dos motivos polos que uns chegamos de cobrar nos aparcadoiros para meternos a servir na cantina durante a maior parte da noite. E tamén fastidia o comportamento dalgunhas persoas que pasarán o ano que vén pola nova Comisión, pero esa é outra historia e merece un capítulo á parte. O caso é que hai momentos nos que o cabreo (sumado ao cansanzo) te supera, pero reaccionas cando caes en que non es a que o peor o está pasando...
En resumo: pase o que pase, digan o que digan e estemos dentro ou fóra da cantina, as Dores de Vedra sempre serán as mellores festas para nós.






