Mundo á parte

09 septiembre, 2006

Vedra 2006

Sen case darme de conta, xa van alá 9 días de setembro. Dun día para outro coma quen di, pasei de estar sentada diante dun ordenador de Galicia Hoxe a meterme de cheo nas festas de Vedra. Iso é o habitual cada ano, pero este tocounos facelo dunha maneira diferente: traballando para que todo saíra ben e non fallase nada.

Estar na Comisión das Festas é bonito e duro á vez. Disfrutas vendo como a xente o pasa ben en algo que levas agardando todo o ano e polo que intentas dalo todo os tres días clave. Non obstante, dentro do grupo sempre hai quen se esforza máis e quen menos, e claro que tamén hai quen pasa de todo. Iso é un dos motivos polos que uns chegamos de cobrar nos aparcadoiros para meternos a servir na cantina durante a maior parte da noite. E tamén fastidia o comportamento dalgunhas persoas que pasarán o ano que vén pola nova Comisión, pero esa é outra historia e merece un capítulo á parte. O caso é que hai momentos nos que o cabreo (sumado ao cansanzo) te supera, pero reaccionas cando caes en que non es a que o peor o está pasando...

A secretaria ten que gardar durante tres noites seguidas o diñeiro que se vai xuntando e contalo, que é peor. Si, digo ben: a secretaria, porque o tesoureiro exerce de presidente. E logo este? Este é un señor que, pobriño, fai o que pode pero a súa saúde non lle permite realizar esforzos nin moitos traballos. E non hai vicepresidente? Ui!! Iso como as meigas, habelo haino... pero ese si que ten máis cara ca un piano. Entre os demais membros hai de todo. Mais xa o dixo Mariquinha no seu fotolog: a pesar de todo pasámolo moi moi ben, estivemos orgullosas de formar parte da Comisión deste ano, puidemos desfilar coas bandas de música, que é un acto ben bonito...

Vamos, houbo tempo para risas, pequenas bailas, conversas cos amigos, fogos de artificio... E, se non me credes o ben que o pasamos aínda que cada día fosemos arrastrando máis e máis cansancio, non tedes máis que ver a cara de éxtase de María (neste caso, alucinando cos foguetes de Gaiteiro, con quen tivemos o pracer de compartir Comisión).

En resumo: pase o que pase, digan o que digan e estemos dentro ou fóra da cantina, as Dores de Vedra sempre serán as mellores festas para nós.

3 Comments:

  • At 4:13 p. m., Anonymous Anónimo said…

    E eu coñecereinas algún día? Jejej, nalgún momento se intentará. E ti di que sí, que se algo aprendemos nos traballos en grupo e a lidiar con xente q non fai nada. Curada de espanto tes q estar. Solución: a la mierda, me lo paso bien igual. Un bikiño guapa guapa!!

     
  • At 11:55 a. m., Blogger Elianinha said…

    Como se lle chama a ese 'nacionalismo patriótico' que tedes os de Vedra??? Eu, que nin a Lestedo fun... Jajaja

     
  • At 2:32 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Enhoraboa Sara e compañeiras/os da comisión de festas de Vedra ,xa que con moita adicación e sacrificio lograstes que tódos os que nos achegamos por ahí nesas datas disfrutáramos dunhas magníficas festas.Un saúdiño

     

Publicar un comentario

<< Home