Mundo á parte

06 octubre, 2005

Xa soño co paso de ecuador...


El viajar es un placer... ¡Que envexa! Estes días os de 4º están de paso de ecuador por Budapest e Praga (Mariquinha e Eliana entre eles), salvo uns 10 que decidiron ir a Cuba (¡que mal rollo, ¿verdade?). De momento, a nós tócanos currar para poder facer o mesmo de hoxe nun ano. Na clase xa fixemos unha primeira reunión, ¡temos que poñernos mans á obra canto antes!... pero é difícil. Somos moitas persoas e ideas non faltan. Iso si, todo o mundo ten claro que non queremos dúas viaxes diferentes como lles pasou aos de 4º este ano. A verdade é que por un lado é triste e, por outro, patético, baixo o meu punto de vista.
Intentamos facer unha votación cos destinos, pero teremos que repetila o luns. Hai bastantes votos a favor dun cruceiro por diferentes cidades do Mediterráneo e outros a favor de Cuba. Logo, saíron países como Turquía, a India, os Países do Este... ¿A miña opinión? Non sei, é chungo decidir, encántame viaxar e hai tantos lugares que quero coñecer... Teño claro que paso de ir a un hotel de luxo ao lado da praia para torrarme ao sol, mirando por unha ventá o complexo hoteleiro e, por outra, xente morrendo de fame ou pedíndoche xabrón. E máis aínda, tendo a oportunidade de escoller algún lugar rico en cultura, arte... vamos, con cousas que ver, ademais de ter a oportunidade de pasalo ben e disfrutar igual. Non me parece mal un destino con un par de días de praia, pero se só é para iso, aforramos cartos e imos a Canarias...¿ti que cres?
O do cruceiro, se se monta guay, pode ser interesante, porque os hai que che permiten estar un par de días nunha cidade. Claro que non se pode pretender ir a un montonazo de sitios, porque senón ao final non ves nada. Outro lugar que tamén me atrae é Exipto, pero sei que nestes momentos é todo un risco ir. E Turquía tamén. Este ano era o destino dos de 4º ata que sucederon os atentados, pero, se imos a iso, calquera lugar do mundo pode ser perigoso hoxe en día, ¿non? Mesmo Santiago... Uhm... Grecia debe ser precioso tamén, Italia, México... ¡Ai! Quen fora rica, jajaja. ¿Queres recomendarme algún lugar, propoñer algunha viaxe bonita para un paso de ecuador...? E, de paso... ¿ocórreche algunha idea orixinal para recaudar cartos? ¡Gracias!

3 Comments:

  • At 7:14 p. m., Blogger hector said…

    Unha cidade increíbel é Praga (que mencionas que van teus compañeiros) Eu estiven, e bueno, é moi bonita, ten moito que ver, lugares onde estar, boa marcha, arte, cultura, idioma completamente extrano,é moi barato.
    Faláronme que Islandia, coma país, tamén é a ostia. O que pasa que é un tanto caro.
    Eu se fora algún lugar, milan, roma, new york ou londres. Calquera está ben. Por certo ¿como diches co meu blog?. A seguir desfrutando

     
  • At 5:58 p. m., Blogger Elianinha said…

    Praga é estupenda, marabillosa, un amor de cidade. Digocho eu. Budapest, tan bonita non é, pero está tan cargada de historia, ten tanto simbolismo, que tamén é fascinante. Para min é unha viaxe altamente recomendable. O que si que che digo, é que pola experiencia deste ano, poñeríalle moitísimo as pilas á xente: votacións e fóra, nada de darse treguas, porque senón non se fai nada. Hai que impoñerse neste tipo de situacións, se tal nomeade unha especie de comisión, xente que se ofreza voluntaria para organizala viaxe. Xeralmente as axencias dan unha praza gratuita por cada 25 persoas. Se hai unha persoa que se ofreza a organizala a cambio da praza gratuíta, está ben, que organice o das camisetas, o de buscar orzamentos nas axencias, e tal. O que pasa é que é moito para alguén só, por iso xeralmente a xente escaquéase. Senón montade un grupo de 5 persoas ou así, que leven o peso todo, para que estea máis organizado. Senón estas historias non funcionan, precísase unha cabeza visible.
    Grecia é supercarísisisimo xa cho digo eu agora. Amsterdam e Brujas é un circuito cojonudo, aínda que probablemente haxa xente que xa o vise. Europa ten cidades incribles. Túnez tamén mola. Italia fijo que xa hai moita xente que foi. Se ides a Amsterdam avisa que me apunto ;P !!!

     
  • At 2:08 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Hola!!
    Ya que te gusta el teatro,¿porque no organizas una obra de teatro para recaudar fondos?

     

Publicar un comentario

<< Home