Mundo á parte

28 febrero, 2006

O mellor do Entroido

Custa retomar algo despois de pasar un tempo sen facelo. Cústame volver escribir aquí, porque pasaron moitos días dende a última vez que o fixen (en serio) e, do mesmo xeito, pasaron moitas cousas. Boas, peores, bonitas, non tanto, alegres, menos... Como aínda quedan unhas horiñas de Entroido e iso é (ou debería) ser sinónimo de festa e de diversión, contareivos o mellor destes días.
O venres pasado enfundeime nun traxe de labrega do s. XIX, pero non por mor do Entroido, senón por unha homenaxe que lle iamos facer a Rosalía de Castro (“Rosalías”) polas rúas de Santiago. Pero a chuvia non nos deixou pasearnos por diante dos lugares onde viviu ou estudou, así que non nos quedou outra que ir directamente ó CGAC. Alí houbo un espectáculo de danza e un recital de poesía. Aínda así, agardamos repetir todo o que estaba previsto o día 21 de marzo, así que xa falarei disto con máis detalle.
De sábado non falo porque estiven enferma e non saín do pixama en todo o día... Pero domingo paseino xenial. Xunto con outras amigas, saín disfrazada de campesiña (aproveitei a saia de labrega do XIX :oP). Chegamos a Metro, o noso pub predilecto, e dímonos conta de que a xente era unha auténtica aburrida, unha sosa. Non se notaba que era Entroido, porque o 85% das persoas ía sen disfrazar. Aínda así, acabámolo pasando moi ben.
E onte volvímonos disfrazar e desta vez fun de embarazada. ¡Ah! Por primeira vez, paráronme para comprobar o nivel de alcohol que corría polas miñas veas namentres conducía. Por suposto, 0,00, jeje. O garda pasou dun riguroso "Buenas noches, control de alcoholemia" a un cordial "que vides ¿da festa de Guimarey?". Viva o colegueo... jaja. Como non, gardei a boquilla de recordo. Outro cacharriño máis para a miña colección...
En fin, eu non teño cámara dixital para amosarvos o meu vestido de campesiña do s. XIX nin a miña barriga en avanzado estado de xestación, pero mariquiña si, así que cando ela colgue as fotos ou mas pase, xa vos avisarei por se nos queredes ver tal e como non somos.
Agora, toca volver ó mundo real. Toca prepararse para un coñazo de exame parcial que terei a vindeira semana, pero como iso xa non é precisamente bonito, non vou falar del... Prefiro pensar que aínda me quedan unhas horiñas libres por diante e uns platos cheos de riquísimas orellas e filloas.

5 Comments:

  • At 7:11 p. m., Blogger acedre said…

    Pois si que son aburridos os do Metro ese. A min nunca me pararon nun control de alcolemia e menos mal que algunha vez daria positivo pero por pouco, eh?.
    Pois nada, feliz volta e que che vaia ben nos exames e que disfrutes o resto das festas.
    Un saudo.

     
  • At 5:10 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Blogger, CONOCIDO buscaba hoy una experiencia
    agradable del blog en bajar musica y encontré su Web site.
    el O mellor do Entroido no era exactamente lo que buscaba pero
    consiguió mi atención e interés. Veo porqué llegué en
    su Web site excelente cuando buscaba para la
    información relacionada bajar musica y estoy alegre yo
    aunque su no un exacto cupe. GRACIAS!

     
  • At 6:51 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Hola, a verdade e que me tomei uns dias descansando da rede... tan so o necesario, pero agora toca pasar a estado activo outra vez...por certo eu tamen me disfracei, e tes razón, moi pouca xente se anima, pero bueno, eso fainos máis especiais aos que sí o facemos...

    No proximo post as manías... non me esquezo...
    un saúdo

     
  • At 6:50 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Hola Blogger, conocido hacia fuera estoy
    practicando surf la tela para la información más
    última sobre descarga peliculas y noté su sitio agradable.
    Aunque el O mellor do Entroido no era lo que buscaba él consiguió
    exactamente ciertamente mi atención. Ahora veo porqué
    encontré su página cuando buscaba la información
    relacionada descarga peliculas y soy emocionado yo encontré
    su Web site aunque su no un fósforo perfecto. El gran
    poste, gracias por su sitio informativo.

     
  • At 4:09 a. m., Blogger acedre said…

    Semella que ataca o spam. A min pasoume muito ao principio pero xa non me pasa.
    Un saudo e gracias polas visitas ao meu blogo.

     

Publicar un comentario

<< Home