Mundo á parte

09 febrero, 2006

Escapada a Munich

Se saír cada vez que che apetece, aínda que nada máis sexa a tomar o aire 5 minutos, xa é unha especie de liberación mental, cando estás con exames e traballos botar un pé fora da casa convértese en algo dobremente satisfactorio.
Onte fo
mos ver Munich. Tiña ganas de vela, aínda que non foi a única película que barallamos. Ó final, non me arrepentín de pasar dúas horas e media nunha butaca vendo esceas dun filme que non é nin político, nin social nin thriller. Non lle atopo lugar en ningún destes caixóns, quizais porque mistura de todo un pouco. “É unha película que fai pensar”, escoitei ou lin non sei onde. Si, fai pensar. Sobre todo, porque máis alá da ficción que lle outorga Spielberg, o trasfondo da historia, o interminable e violento conflicto árabe-israelí, sabes que non vai quedar tralas portas da sala do cine en canto as cruces. Apágase a pantalla, non a realidade.
Ademais, en Munich non só se amosa a visión global do terrorismo a raíz dos atentados dos que ían ser os "xogos da paz", senón que a través dos personaxes, sobre todo de Avner, o protagonista, se ve a evolución moral e psíquica dunha persoa que se converte en asasino. Hai moitos aspectos de Munich que valen a pena: diálogos, fotografía, actores (encantoume Eric Bana), esceas, desenvolvemento...E, polo tanto, outros tantos aspectos dos que podería falar, pero prefiro que sexas ti quen opines se a viches e, de non ser o caso, que vaias vela. Eu recoméndoa, vamos. E si: Munich fai pensar.

5 Comments:

  • At 10:44 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Estaba entre ir a vela ou esperala en dvd, pero convencíchesme...xa che direi o que me parece. Se non me gusta lebas a culpa ;)

     
  • At 4:33 a. m., Blogger acedre said…

    Procurarei mirala para entender un pouco mais do conflicto arabe-israelita, que e como dis ti: saes da pelicula ambientada hai mais d trinta anos e o problema segue sendo actual e sen muitas trazas de solucion.
    Un saudo.

     
  • At 5:38 p. m., Blogger cneirac said…

    Dias estranhos ten como unha das 3 mellores películas do 2005 Paradise Now, tamén sobre o mesmo conflito e na actualidade.

    Xa a vin a alugar nos video clubes. E a teño en listaxe de espera. Xa vos contarei.

     
  • At 10:52 p. m., Blogger *Sara said…

    Pois xa me contaredes... :)
    Desgraciadamente, é un conflicto que semella non ter final e do que moitos xa nin coñecen o principio. Penso que neste mundo, cada vez máis polarizado e complicado, problemas coma este están condenados a derramarse ó longo dos anos, igual que o sangue que orixinan.
    Claro que esta non é máis que a humilde opinión dunha rapaza que aínda ten moitas cousas que aprender... a pesar de que, algunhas, poida que non as acabe de entender na súa vida.

     
  • At 10:53 p. m., Blogger *Sara said…

    Burbujita, espero a túa opinión se vas ver a peli.
    Lucas, benvido e gracias polo comentario. Definitivamente, hai moitas cousas que fan pensar que existen vínculos invisibles entre o que menos esperas. Agardo que me contes que che pareceu a película e... si: ¡vivan os blogs en galego! :D
    Un saúdo :)

     

Publicar un comentario

<< Home