Mundo á parte

12 febrero, 2006

Todos temos algunha, ¿non?

Acepto a invitación que me fixo un anxiño, así que vou publicar 5 manías ou "rarezas" que teño. Supoño que hai máis das que eu non me dou de conta, e tampouco sei se todo o que vou poñer son exactamente manías ou costumes, pero aí quedan:
1. Garabateo moito: en clase, falando por telefóno... ás veces incluso cando estudo. O que máis pinto, aínda que pode saír de todo, son lúas, estrelas, soles, espirais, flores, ollos e o meu nome.
2. Moitas veces vou conducindo e non podo evitar formar palabras coas matrículas dos coches que levo diante.
3. Creo que non hai un día no que me mire ó espello sen ser capaz de non retocar as cellas coa pinza.
4. Gardo moitísimas cousas inútiles porque me dá pena tiralas: papeis de regalos que me fixeron, algunhas entradas de cine, de concertos, de museos, etc., billetes de avión, tickets doutros medios de transporte, bolígrafos acabados (orixinais, claro), caixiñas, pendientes ós que lle perdo á parella, cousas de cando era pequena (¡teño unha carpeta che de follas olorosas, jajaja)... Claro, despois sempre me atopo cos caixóns cheos de cousas que non son quen de tirar.
5. Non son capaz de borrar algunhas sms bonitas do móbil sen antes pasalas a unha libreta, para que non se perdan. Tamén gardo dende hai moitos anos as cartas persoais, incluindo postais de todo tipo (cumpreanos, viaxes, Nadal...) lástima que agora xa non reciba case ningunha por culpa da invasión virtual...

En fin, agora ocorríanseme algunhas cousas máis, pero prefiro cerrar a lista xa e pasarvos o turno a algúns de vós para que, se tedes ganas, me contedes dende as vosas blogs esas 5 cousas que vos fan ser algo rariños (ou orixinais, "se acepta..."), jaja. Anímovos a todos, pero especialmente a:
- Mariquiña, da que xa coñezo algunha que outra manía e penso que merecen ser compartidas ;o)
- A Bea, da que xa sabemos que sempre chega tarde.
- Ós meus novos "satélites" (cariñosamente ;P): calidonia, acedre, adriX e Lucas Andión.

11 Comments:

  • At 6:48 p. m., Blogger acedre said…

    Gracias polo convite pero tenho que dicirche que xa o fixen hai unhas semanas e podes miralo aqui
    http://eueoseeuu.blogspot.com/2006/01/vezos-manias.html
    Por outra banda, dicir que as tuas teimas non son graves e simpaticas. O das matriculas parece ser que e bastante normal. Eu tamen procuro gardar "souvenires" de todo e dame magoa desfacerme deles.
    Pois nada, un saudo e dicirche que ti tamen estas na minha lista de satelites. Uf, son un feixe xa e non vou dar avio...

     
  • At 6:50 p. m., Blogger acedre said…

    Unha correccion:"as tuas teimas non son graves e SON simpaticas".
    Chaucinho.

     
  • At 10:59 p. m., Blogger Mariah said…

    :) me hizo gracia lo de las matriculas. eso no lo habia oido antes jejeje Lo de los garabatos solo lo hago en la universidad...sera porque me aburro mas de la cuenta :p
    Un abrazo!!

     
  • At 1:14 a. m., Blogger Jontxu said…

    vaia xa non me sinto tan só.. :-)

     
  • At 3:46 a. m., Anonymous Anónimo said…

    As miñas manías...Xa che comentei q kedei pillada (cousa rara)e agora non sei q dicirche. Vaia por diante q nada disto é absoluto: fágoo case sempre pero podo prescindir de todo o q vou contar.Mmmm...Sempre median polo menos unha canción e unha fantasía (e non estou citando a Addisson)entre o momento en q me meto na cama e o momento no q kedo durmida; non me gusta durmir coas portas do armario abertas; non me gusta ter a persiana da habitación baixada pola tarde; sempre ando dándolle voltas ao pelo; "conto" os grans de azucre q lle boto ao café (e tí es testigo) xq non soporto pasarme. Se se me ocurre algo máis extraño xa cho conto!!

     
  • At 11:11 a. m., Blogger cneirac said…

    Por fin!!!

    Alguén se lembrou de min!

    Snifff! Tou emocionado :-D

    Xa levaba tempo esperando o convite.

    Pero...

    E agora?

    Ocórrenseme mil. Vou ter que fiar fino.

    Gostei especialmente do dos SMSs e as cartas en papel.

    E a min acontéceme o mesmo coas matrículas! ;-)

    Falarei das miñas teimas no meu blogue.

    Lémonos!

     
  • At 11:06 p. m., Blogger *Sara said…

    Uf, estes días ando sen tempo para nada, pero gracias a todos polos comentarios e tamén por responder á miña invitación ós que o fixestes.
    Lucas, non esperaba de ti que foras vago (polo menos á hora de escribir) en vista do comentario que me deixaches na entrada anterior, jaja. ;)

     
  • At 11:51 a. m., Anonymous Anónimo said…

    nunca pensar'a en lo de pasar los SMS a una libreta,interesante... y m'as en mi caso que solo puedo guardar 15!!!!

     
  • At 3:43 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
    Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!

     
  • At 12:58 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Now buspar Side-effects danocrine Discount motrin Without prescription shallaki ED differin No prescription zantac

     
  • At 12:17 p. m., Blogger شركة اوائل المثالي said…

Publicar un comentario

<< Home