Mundo á parte

24 agosto, 2006

24 de agosto de

. 2005:
- Unha entrada: Luces, cámaras... Acción!
- 4 comentarios
- Coñecemento da existencia do blog de Mariquinha e pouco máis.
- Un mundo á parte sen obxectivos concretos, sen rumbo, lido por min e por poucos máis. Só ilusión e intención de escribir a miúdo.
- As vivencias dun agosto bonito que lle darían entrada a un setembro que xa non o foi tanto, aínda que agora apenas doe botar a vista atrás. Momentos 'baixos'. Logo, máis momentos 'altos' e outras cousas bonitas: os amigos, a familia, teatro, 3º de xornalismo, viaxes, un novo verán, as prácticas en Galicia Hoxe...

. 2006:
- 70 entradas (con esta 71)
- Unha media de... 6-7 comentarios en cada entrada?
- Unha lista algo máis xeitosiña de blogs e que agardo aumentar.
- Un mundo á parte que segue sen obxectivos concretos, pero que xa colleu o seu rumbo. 617 olladas ao meu perfil dinme que xa me len máis ca un par de persoas. A ilusión de escribir mantéñoa, pero non sempre lle fago caso... (á vista está, a xuzgar pola data da miña última entrada). Ah! E conseguín amañar a plantilla, que me arrastrara toda a marxe dereita do blog cara ó fondo... :D
- As vivencias dun agosto bonito, do meu primeiro agosto exercendo de xornalista e con ilusión e ganas, que é o mellor. Nun lugar onde me sinto a gusto coa xente e co que fago. Gozando dos días libres de sol e mar como se fosen os últimos, saíndo cada vez que se pode e apetece e estando cos meus. E logo... logo que? Pois logo xa se verá, que este mundo á parte seguirá dando voltas mentres non canse.

Acompañádesme un ano máis, non si? ;)

08 agosto, 2006

Marea laranxa

Onte á noite, dende unha das ventás da miña casa, crin ver o inferno no horizonte. Só era unha parte del: o Pedroso e os arredores de Compostela. Que DEMOS son os que se agochan tralas chamas?

IMPOTENCIA