24 de agosto de
. 2005:
- Unha entrada: Luces, cámaras... Acción!
- 4 comentarios
- Coñecemento da existencia do blog de Mariquinha e pouco máis.
- Un mundo á parte sen obxectivos concretos, sen rumbo, lido por min e por poucos máis. Só ilusión e intención de escribir a miúdo.
- As vivencias dun agosto bonito que lle darían entrada a un setembro que xa non o foi tanto, aínda que agora apenas doe botar a vista atrás. Momentos 'baixos'. Logo, máis momentos 'altos' e outras cousas bonitas: os amigos, a familia, teatro, 3º de xornalismo, viaxes, un novo verán, as prácticas en Galicia Hoxe...
. 2006:
- 70 entradas (con esta 71)
- Unha media de... 6-7 comentarios en cada entrada?
- Unha lista algo máis xeitosiña de blogs e que agardo aumentar.
- Un mundo á parte que segue sen obxectivos concretos, pero que xa colleu o seu rumbo. 617 olladas ao meu perfil dinme que xa me len máis ca un par de persoas. A ilusión de escribir mantéñoa, pero non sempre lle fago caso... (á vista está, a xuzgar pola data da miña última entrada). Ah! E conseguín amañar a plantilla, que me arrastrara toda a marxe dereita do blog cara ó fondo... :D
- As vivencias dun agosto bonito, do meu primeiro agosto exercendo de xornalista e con ilusión e ganas, que é o mellor. Nun lugar onde me sinto a gusto coa xente e co que fago. Gozando dos días libres de sol e mar como se fosen os últimos, saíndo cada vez que se pode e apetece e estando cos meus. E logo... logo que? Pois logo xa se verá, que este mundo á parte seguirá dando voltas mentres non canse.

Acompañádesme un ano máis, non si? ;)
15 Comments:
At 4:57 p. m.,
cneirac said…
Podes contar con iso. Un abrazo e moita felicidade.
At 5:50 p. m.,
Anónimo said…
Si, nenita, si. Por descontado! Te acompañamos un año más y, de momento, te acompañamos también a Túnez!! Jurjurjur!
Un bikiño!
At 7:40 p. m.,
Elianinha said…
Filicidades!!!
At 7:34 a. m.,
Anónimo said…
Foi un pracer descubir o teu blog, non foi por casualidade pero isto agora é o que menos importa.
Recibe a enhoraboa dalguén nada importante pero que será asiduo lector das novas da túa páxina e segue a percorrer ese camiño iniciado con tanta adicación e ilusión xa que elogo os teus esforzos veránse recompensados nun futuro que se albisca como moi prometedor.Un saudiño Sara
At 4:40 p. m.,
Mariah said…
Felicidades por este añito que has querido compartir y por los que llegaran. Un besote :p
At 12:30 p. m.,
Anónimo said…
Ohh!! un ano xa!! ken o diria o día q empezou esta andadura, q o primeiro q pensas e en pasar o tempo e entreter a uns cantos amigos uns cantos minutos e o final, plaf! un ano! asi sen darse conta, e o mellor de esto (polo menos a min o q mais me gusta) e botar a vista atras e ver o q publicaches e as razons ou sentimentos de porq o fixeches, si o fin e o cabo vai resultar q esto é un diario magnifico. Felicidades e a por outro ano mais
At 1:16 p. m.,
paideleo said…
Por suposto que si...mentes se poida.
Noraboa e que todo siga ben.
At 5:15 p. m.,
elduende said…
Vaia, seica se me pasou a data de felicitarte... Nestes casos, sempre é mellor recurrir ós clásicos:
Feliz non-cumpreanos.
At 8:27 p. m.,
Anónimo said…
Felicidades Sariña!! A constancia xa é todo un reto, xa nos gustaría a outras, jeje...
Queda un mes de verán!!!, peniña porque remata, pero ledicia porque xa nos vemos. BIQUIÑOS!!
At 11:56 p. m.,
Nemeth said…
aquí andaremos, unhas semanas máis atentos ca outras, e agardemos que por moito tempo :)
saúdos
At 7:44 p. m.,
Unknown said…
Noraboa!! queremos seguir lendo o teu blog para o ano que vén, con moitas máis entradas!!!
At 5:11 p. m.,
*Sara said…
Moitíiiiiisimas grazas a todos e perdoade que non escriba máis a miúdo, pero entre que rematei as prácticas xoves e xa me tiven que meter de cheo nas festas de Vedra, non teño nada de tempo.
Menos mal que Mariquinha escribe por min o que eu podería dicir (ou case) das prácticas en GAlicia Hoxe...
Estades todos convidados ás festas das Dores 2006. :)
Biquiños a todos!!!!!!
At 11:56 a. m.,
Elianinha said…
Ola, sara, estou intentando contactar con Juan Varela. Poderías dicirme o mail (por certo, que polémica levantaches coa entrevista, eh...). É que eu envieillo a un par de direccións, pero gustaríame verificalas, porque non tiven resposta.
At 8:54 p. m.,
amarante said…
Parabéns!!!
PD:agardando que chegue Túnez xa!!!!
At 12:20 p. m.,
Elianinha said…
A ver se actualizamos, que co que dura o aniversario, xa parece que o que se celebra é o da Raíña de Inglaterra eh!!! Que te felicitamos, pero agora queremos que sigas, ou nos vas deixar así?
;D
Publicar un comentario
<< Home