Mundo á parte

22 noviembre, 2005

Liberdade e xustiza!

Estes días Franco volve á actualidade. Hai 30 anos que morreu, que comezou a abrirse un novo camiño no país despois de 40 anos de represión, de inxustiza, de escurantismo... E, a pesar disto, ¡hai quen o lembra con nostalxia e quen o bota de menos!. ¡Buf!
Quedei moi sorprendida a semana pasada cando vin un trociño dunha reportaxe de Telecinco, no programa de Milá, sobre o que queda do franquismo na actualidade. Eu pensei que xa non debería quedar máis que a lembranza e a memoria das xeracións que viviron esa "longa noite de pedra", ou algún que outro que se vira beneficiado tendo a ese home de sangue frío ao mando. Pero que va... o que vin, foron imaxes actuais de grupos de persoas reunidas para rendirlle homenaxe a un dictador que asasinou persoas só por non pensar coma el, entre outras moitas cousas, claro. E máis me sorprendeu ver que hai quen se dedica a captar raparigos de 14 e 16 anos para meterlle na cabeza que Franco só trouxo cousas positivas para España, que é toda unha figura respetable e que a súa "obra por la patria" se debe difundir... ¿Ata que punto debería estar iso permitido?
Non fai falta ter vivido unha época para saber se é merecedora de ser lembrada con nostalxia ou non e síntoo moito, pero non podo ser tolerante con aqueles que pensan que "con Franco se vivía/viviría mellor", que "faría falta un así hoxe en día" ou cousas polo estilo. Nin con iso, nin coa defensa de calquera forma de fascismo ou totalitarismo. É superior a min... pero, ¿deberiamos ter medo? ¿o que hai son só resquicios ou hai un niño de víboras?

14 noviembre, 2005

Tres anos de mar enloitado


NUNCA MÁIS

09 noviembre, 2005

16 anos atrás...

Cúmprense 16 anos dende que caeu o "Muro da Vergonza", un muro físico que separaba leste e oeste, un mundo "dourado", dicían, doutro máis "gris". Un muro que xa non se vé, pero que segue existindo. A barreira permanece na mente dos alemáns, ademáis de na súa economía e sociedade, a pesar de que a democracia e a liberdade se instauraran en ámbolos dous lados. A verdadeira unificación está por chegar. De momento, ás vistas da segunda foto, só o amor parece salvar tódolos obstáculos, xa ben estean formados de formigón ou da outra materia gris.

Como mel nas filloas

Este é Artur Trillo. Dende onte, o novo profesor de teatro de Andaravía. ¡Que ganas tiña de empezar as clases! Como novidade, este ano iremos cambiando de especialidade teatral cada tres meses aproximadamente. Onte comezamos con Artur "creación e improvisación" e creo que todos os do grupo o pasamos xenial. Díxonos cousas como que "o importante son as ganas que poñamos á hora de facer algo. Se logo hai talento, pois mellor que mellor, como mel nas filloas" -de aí o título do post, jaja-. Rimos moito e sentín que o tempo voaba, iso que era de noite (as clases comezan ás 21:30 e rematan 2 horas despois). Teoricamente, despois dun longo día debería de ter máis ganas de meterme na camiña ou de non facer nada que de andar inventando unha historia libre sobre unha variña máxica ou de representar o conto da Cincenta. Pero non. As ilusións por volver a ter clases de teatro puideron co cansanzo e coa apatía. Non só pola novidade do profesor e das súas clases, senón porque tiña ganas de volver a pasalo ben cos meus teatreiros, de rirnos practicando unha das nosas maiores aficíóns: facer teatro. Como dixo Elianinha, para nós este xa será o 5º ano xuntos e Artur o noso 3º profesor (despois de dous anos co noso "descubridor", Pepiño, e de outros dous con Delfina, á que lle debemos, xunto con Nerea, a obra Bicos). Por moitas circunstancias, dos do principio de todo quedamos poucos, pero a nosa ilusión non ten data de caducidade e por iso estamos aí, ao pé do cañón ou, máis ben, ao pé das táboas. Ademais, alégrome moito de terlle contaxiado esta paixón a outras persoas que, dende o primeiro día que puxeron un pé no lugar onde ensaiamos, xa son parte de Andaravía e de Papaventos; de nós: María, Fina, Antón... Gústame que lles guste isto (non só facer teatro, senón o que conleva: montar escenario, cargar e descargar material, poñer focos, música... e, como non, o formigueo no estómago, o subidón que dá a calor do público, as conversas de despois de actuar, as ceas, a festa... jajaja). Non sei, igual que María e Eliana, que xa deixaron os seus post sobre isto tamén, síntome afortunada facendo algo tan bonito e productivo como é o teatro e, por riba, se é ao lado de persoas coma elas, pois... ¡mel nas filloas!

08 noviembre, 2005

November rain

Xa van oito días alá dun mes que comezou moi chuvioso. Agora mesmo está caendo unha que mete medo. Ás veces con forza, ás veces con suavidade... pero chove sen parar. Alégrome de estar na casiña ao quente e de poder ver como cae a chuvia da ventá para fóra. Aínda que me aburre pronto e ás veces me pon melancólica, de vez en cando encántame que chova así. Encántame estar no sofá ou na cama escoitando como cae a auga polo tellado abaixo, como peta contra as ventás.. coma se fose unha música relaxante.
Ademais, a chuvia de novembro tamén pode ser unha bonita balada. Descubrino non hai moito, cando baixei "November rain" de Guns'N'roses. Aquí che deixo unhas gotiñas:
When I look into your eyes
I can see a love restrained
But darlin' when I hold you
Don't you know I feel the same
'Cause nothin' lasts forever
And we both know hearts can change
And it's hard to hold a candle
In the cold November rain
We've been through this such a long long time
Just tryin' to kill the pain
But lovers always come and lovers always go
An no one's really sure who's lettin' go today
Walking away
If we could take the time to lay it on the line
I could rest my head
Just knowin' that you were mine
All mine
So if you want to love me
then darlin' don't refrain
Or I'll just end up walkin'
In the cold November rain
(...)
And when your fears subside
And shadows still remain, ohhh yeahhh
I know that you can love me
When there's no one left to blame
So never mind the darkness
We still can find a way
'Cause nothin' lasts forever
Even cold November rain