Liberdade e xustiza!

Quedei moi sorprendida a semana pasada cando vin un trociño dunha reportaxe de Telecinco, no programa de Milá, sobre o que queda do franquismo na actualidade. Eu pensei que xa non debería quedar máis que a lembranza e a memoria das xeracións que viviron esa "longa noite de pedra", ou algún que outro que se vira beneficiado tendo a ese home de sangue frío ao mando. Pero que va... o que vin, foron imaxes actuais de grupos de persoas reunidas para rendirlle homenaxe a un dictador que asasinou persoas só por non pensar coma el, entre outras moitas cousas, claro. E máis me sorprendeu ver que hai quen se dedica a captar raparigos de 14 e 16 anos para meterlle na cabeza que Franco só trouxo cousas positivas para España, que é toda unha figura respetable e que a súa "obra por la patria" se debe difundir... ¿Ata que punto debería estar iso permitido?
Non fai falta ter vivido unha época para saber se é merecedora de ser lembrada con nostalxia ou non e síntoo moito, pero non podo ser tolerante con aqueles que pensan que "con Franco se vivía/viviría mellor", que "faría falta un así hoxe en día" ou cousas polo estilo. Nin con iso, nin coa defensa de calquera forma de fascismo ou totalitarismo. É superior a min... pero, ¿deberiamos ter medo? ¿o que hai son só resquicios ou hai un niño de víboras?