Feliz aninovo!!
Que 2008 veña cun montón de saúde e motivos para rir e sorrir!!
Etiquetas: desexos, día especial
Etiquetas: desexos, día especial
Etiquetas: así me vai, erasmus, mariquiña, UK
Etiquetas: así me vai, UK
Etiquetas: así me vai, exames, xornalismo
Un día deixas de escribir, porque non tés tempo nin ganas.
Pasa unha semana e pensas. “desta vai”.
De feito, véñenche mil cousas á cabeza sobre as que che gustaría escribir.
Ves ducias de imaxes ou cousas curiosas que che gustaría compartir.
Fas algúns traballos que quererías publicar tamén neste espazo.
Pero de novo caes nas mans da desidia, que é máis forte ca ti e che impide estar diante do ordenador máis tempo do necesario, que non é precisamente pouco.
E déixalo pasar de novo.
Prefires ler o que escriben os demais, descubrir novos blogs e pasar sen deixar rastro pola maioría.
E, de pronto, caes na conta de que a última entrada do teu, data de hai xusto un mes.
E lembras que é o teu 'bloganiversario', ou como se diga.
Que se cumpren dous anos dende que comezaches a escribir aquí.
Entón pensas: “quizais é o momento de volver dar sinais de vida”.
E iso, que aínda que con poucas ganas, aquí estamos.
Un ano máis.
Etiquetas: día especial
Etiquetas: cousas da vida, ilusión, prácticas