Mundo á parte

04 septiembre, 2007

Setembro, setembro...

Non teño a síndrome post-vacacional porque esa é a vantaxe de non ter vacacións. Agora ben, como hai para todos, a cambio teño unha enorme falta de concentración que me impide afrontar como é debido o exame do próximo venres, o primeiro (e agardemos que último) que teño en setembro.
Non pensei que fose tan duro. Imaxinei que ao estar o verán practicamente rematado, non me custaría poñerme a estudar. Pero non é así.
Igual inflúe non ter descansado o suficiente durante o verán, ou andar coa cabeza en máis sitios que nos apuntes. Nas prácticas, nas festas da miña parroquia que acaban de pasar -e das que a ver se falo nalgunha outra ocasión, porque cumpriron 150 anos-, nos preparativos para marchar en outubro...
Buf.
Seguro que dentro duns días se verá todo mellor...
Espero.

(E ánimo a todos os que pasedes por algo semellante)

Etiquetas: , ,