Promoción número 13, II
Xa están case todas as crónicas feitas (por non comezar a enlazar fotologs!). Así que a miña aportación vai en forma de imaxes -moitas por cortesía de Mariquiña-, que amosan, só en parte, o bonito que foi compartir unha tarde coa súa noite e coa súa madrugada cos meus compañeiros, amigos e familia. Unha lexión de sorrisos e de simpatía invadiron o auditorio, os pinchos, a cea e a posterior celebración. Tamén se deixaron ver bágoas de ledicia e de emoción, e o estado de ánimo máis común a todos foi o de 'bo rollo'. Todo un pracer!!
E, xa que estamos, amoso os motivos polo que nos concederon o diploma e que nos unen xa para sempre a todos os da 13ª promoción:
E, xa que estamos, amoso os motivos polo que nos concederon o diploma e que nos unen xa para sempre a todos os da 13ª promoción:
"pola nosa xenialidade difusa e por estar coma unha moto. Porque somos neurótic@s, hipocondíac@s e paranoic@s, polo que temos descontos especiais en establecementos psiquiátricos. Os nosos actos so tan insólitos que nos sorprendemos a nós mesmos (xa que o mesmo regamos unha planta coma fritimos un ovo). Por todo isto, adxúntase un contacto indispensable para nosa futura vida laboral (www.inem.es)."
Así que, xa sabedes! Billy Wilder advertía en Primera plana que "nunca cases cun xornalista", pero se aínda por riba é da 13ª promoción... ;)
Etiquetas: día especial, ilusión, xornalismo
13 Comments:
At 11:05 p. m.,
paideleo said…
Bueno, pois si non se pode casar polo menos arrimarse.
Nada, que teñas boa sorte de aquí en diante que iso conta máis ca os títulos.
Noraboa.
At 11:37 p. m.,
Anónimo said…
Vaaaaale, renunciaremos a casarnos con un periodista e iremos por el mundo con la certeza de ser una especie de bomba para los demás.
At 1:13 a. m.,
Anónimo said…
un lapsus o actualizar a miña paxina co rollon ese de blogger... sintoo! pero xa esta o problema!
muas!
e NORABOA!!!! a min inda m keda...
At 2:33 p. m.,
Anónimo said…
Enhoraboa Sara e a toda promoción 12+1 da que a bon seguro sairán excelentes periodistas, felicidades e que fora un día inolvidable xunto coas compañeiras/os e familiares
At 3:42 p. m.,
Roi Buligan said…
Pois eu casaria cunha xornalista...
At 9:39 p. m.,
cneirac said…
Pois eu depende de quen sexa a periodista:
Barbara Stanwick en Meet John Doe (ergo eu sería Gary Cooper :-) )
Katharine Hepburn en Woman of the year (e eu Spencer Tracy :-) )
Julia Roberts en The Pelica brief (daquela un morenazo :-D )
Ou quen sabe. Igual a definitiva aínda está por rodar.
At 1:19 p. m.,
Roi Buligan said…
Bueooo, falaba en xeral, pero Calidonia, falo de memoria, Julia non era estudiante de Dereito? ;) eu casaba con calquera desta marabillosa promoción 13 e de actrices, esas que interpretan ese papel de "zorra ambiciosa" (sic no´guión de heroe por accidente) como Geena Davis na devandita, Angelina Jolie noutra que non lembro e das clásicas a tía que moldeaba a Juan Nadie, tamén che era interesante...
At 11:06 p. m.,
cneirac said…
Ten toda a razón Roi. Foi o esforzo por meter unha película actual. Tampouco é que eu torza moito pola Julia, eh!
At 1:38 a. m.,
Roi Buligan said…
Agora co penso a de John Doe que dicias primeiro é a mesma que Juan Nadie...que torpe son!!
At 2:11 a. m.,
---[b3rTTO]--- said…
;-) aun tngo q colgar mis fotos :-P gracias x el comentario sariña!!! y suerte con freixanes uggg ya me pesa la cabeza con tanto libro gordo
At 12:08 p. m.,
*Sara said…
Mira que non hai películas con xornalistas polo medio... Será que cando menos suscitamos interese ;D
At 2:27 p. m.,
cneirac said…
Si, pero con boas e guapas xornalistas haiche moi poucas. ;D
At 1:07 p. m.,
Nemeth said…
moita sorte e agora empeza o importante. Os títulos non fan profesionais pero axudan a meter o fuciño!
por certo, parabéns por atoparme...
apertas
Publicar un comentario
<< Home