Mundo á parte

18 mayo, 2007

Promoción número 13


E digo eu, que van sendo horas de presentar formalmente a estas seis raparigas que me acompañan na foto. Nestes catro anos de carreira a unhas alcanceinas antes e a outras despois, pero unha vez que axustamos os nosos ritmos, continuamos xuntas ata aquí. Todas elas son diferentes, pero comparten características que as fan, ante todo, boas persoas e boas amigas. Fanse querer... e quéroas. Así que, sen máis prolegómenos, de esquerda a dereita e na fila superior... Bárbara d'A Coruña, Bea de Compostela, Alba de Moraña, Ana de Vilalba, Pamela d'A Estrada (capital ;P), a Ro de Viana do Bolo e... bueno, a que está aí no medio coma o xoves, xa non é necesario presentala, non?
Mañá recolleremos un falso título que dirá que somos licenciadas. Rodearémonos dos nosos, non haberá nós asfixiantes de gravatas, deixaremos as preocupacións nas casas e prohibiremos o paso de acontecementos non gratos. De novo estaremos xuntos a maior parte dos que comezamos Xornalismo hai case 4 anos e iso... ben merece unha celebración por todo o alto!

7 Comments:

  • At 2:45 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Oh, Sariña! Que bonitas verbas... A Pamela e a Ro están na CRTVG durmindo diante dun ordenador, soñando coa festa de mañá e pensando na dor de pés dos tacóns...oh...!Pero sobreviviremos!!!!!! Un día e un día... CARALLO!

     
  • At 3:42 p. m., Blogger cneirac said…

    Sempre quedará mellor a fotografía así que nunha composición como esta ;-)

     
  • At 6:53 p. m., Blogger elduende said…

    Pois noraboa.

    Tamos maiores xa ¿eh? ;)

     
  • At 12:42 a. m., Blogger paideleo said…

    Parabéns e a gozar !.

     
  • At 1:52 p. m., Blogger oko said…

    que grande noite!!!!!!
    dá gusto licenciarse con xente así na promoción!!!
    e gracias por inmortalizarte no xeso!!!

     
  • At 10:55 p. m., Blogger amarante said…

    Aishhhh!!non me podo sacudir a terrible sensación de melancolía!!!

     
  • At 7:09 p. m., Blogger Roi Buligan said…

    POis noraboa pola licenciatura, a verdade sodes unha xeración fermosa, valente e ambiciosa!!!

     

Publicar un comentario

<< Home