Eran horas
Si, xa ían sendo horas de volver a escribir. Levo tanto tempo (xa vedes, algo máis dun mes) sen inspiración/ánimo/ganas/tempo de adentrarme neste mundo, que case esquezo como facelo. Sei que me expoño a perder os poucos lectores que teño, pero ata hoxe non quen fun de fulminar esa astenia que me impedía publicar algo novo, aínda que fosen palabras baleiras coma estas.
O caso é que por aquí andamos neste abril fecundo, como di Xurxo Souto no seu programa. E eu, rematando as prácticas no "meu". Si! Estou no fantástico interior do clube máis emblemático da G! Tralo remate do primeiro espazo para o que colaboraba, por razóns desas que os que mandan non ousan darche, pasei un mes de "bolseira errante", vagando de mesa en mesa 'pedindo' traballo.
Nun mes e pico pasei por unha reportaxe sobre o Entroido de Verín, por buscar documentación (só, a secas) sobre diversos temas e tamén por minutar mil e un 'sketches' que lle farán gracia a quen lla faga. Nada interesante nin demasiado proveitoso. Penso que ás veces me resultaba imposible disimular o cabreo-decepción que sentía. Tanto, que un día dos moitos que fun xunto á Xefa-za a preguntarlle se tiña algo co que puidera axudarlle, me dixo: "Uhm, buena pregunta... Pero no, no tengo nada, habla con R." Pero a pobre R., que tamén pringa bastante, xa me dixera que nanai. Largueime da mesa da Xefa-za con cara de circunstancias. De alí a un pouco, achegouse á mesa onde sentaba e anuncioume que ía entrar nun novo programa. E, nese momento, por fin me sentín atendida, escoitada, amparada...
Despois de mes e pico, por fin me atoparon un lugar!! Máis vale tarde ca nunca, porque o certo é que estou moi moi a gusto, chea de regaliños do porco bravo (alguén quere bolis, chapas...?), de atención e sorrisos e tamén de tarefas. Síntome útil e contenta, que máis podo pedir? Tempo, xa nada, porque as prácticas rematan a finais de abril, pero alomenos sei que este mes fecundo o vou rematar contenta.
Agardo volver a escribir máis pronto ;)

Etiquetas: así me vai, prácticas
8 Comments:
At 7:37 a. m.,
cneirac said…
Bos ollos te lean. Xa íamos berrar na shoutbox iso de 'Actualizar!'
Oxalá non te deixes caer nunca na espiral de desorganización e indiferencia que aniña por algunhas das estancias desa Santa Casa. Segue alumando a frescura das túas ideas e aspiracións e manexa a situación con habilidade e Santa Paciencia.
A primeira e única vez que estiven de bolseiro da Administración pangalaica, lembro que o primeiro comentario que recibín despois da benvida, de buscar traballo (naturalmente non previamente planificado) que asignarme e de algunha que outra invitación a tomar o café foi algo así como 'Eh, non traballes tanto'. E alén de tópicos isto é verídico.
Polo demais, eu sempre quixen ter un carné do Clube con foto e todo. A ver que se pode facer, eh.
Benvolvida.
At 2:02 p. m.,
Anónimo said…
:) xabaguai!
p.d.: queremos xabachapas!!! jajaja.
oh ghai ghai oh ghai ghai... (esas ya no las cantan no??)
At 1:56 a. m.,
Anónimo said…
Siiii, viva o porco bravooo!!
Ya negociaremos con la mercancía esa de la que hablas...Juas!
At 10:06 a. m.,
*Sara said…
Graciñas a todos polos comentarios!
Calidonia, se queres o carnet creo que non hai problema, o outro día chegou a solicitude dun señor de 53 anos e contestáronlle que lle enviaran a foto ;).
Ás outras tres elementas, se consigo chapas suficientes, serán repartidas :)
At 4:16 p. m.,
Anónimo said…
ONDE ANDAS QUE NON SE CHE VE?
polonegro292@hotmail.com
At 8:27 p. m.,
*Sara said…
Pois anda que a ti, poliño... jaja!!
At 8:42 p. m.,
paideleo said…
Benvida e aledome de que vaia ben o asunto laboral.
At 5:16 p. m.,
Anónimo said…
Sei que é estúpido, pero aceptas unha cita a cegas?
Publicar un comentario
<< Home