Para a miña 'best sister'
Este Nadal desexáronme varias veces que os ‘magos’ se portaran ben comigo. E debeu ser con ganas, pois á parte da sensacional visita dos tres de sempre, este ano tiven a honra de coñecer o cuarto compoñente destes repartidores de ilusións.
Unha voz deu aviso ás once da noite do día de Reis de que se dirixía á miña casa na busca de diversión. De alí a un pouco, cando meu irmán abriu a porta, asomou unha simpática figura que me animaba a acollela. Presentábase como “a Raíña María de Oriente, marxinada pola tradición do homes pero maga, ademais de maja”. Afirmou adorar o dito de que “máis vale tarde ca nunca”, porque levaba un retraso de medio ano. Tivera que andar un longo camiño ata dar cos agasallos oportunos con motivo do meu cumpleanos, pero á fin cumpriu o seu obxectivo, e por partida dobre. Demostroume o seu pesar pola tardanza aludindo á súa barba. Pediume que non llo tivera en conta, pois deixara a Venus na súa lonxana casa.
Entre chorradiñas das nosas, a impoñente presencia de Rita Hayworth, regalos por partida dobre e presentes ‘made in feito por ela’, etc. etc. etc, a Raíña María de Oriente convidoume a entrar nunha burbulla tan fermosa como as reais, pero tan resistente coma o aceiro. No seu interior puidemos (e poderemos cando nos prazca) seguir sendo nenas. Porque nos encanta a pesares do paso do tempo. “E porque nesa burbulla, só mandamos nós”.
GRACIAS POR TODO
Etiquetas: día especial, ilusión, mariquiña, nadal, sister
2 Comments:
At 11:17 p. m.,
paideleo said…
Esa túa "best sister" debe de ser unha "pupieiriña" saída do seu papel orixinal. Que sorte tés !.
At 10:19 p. m.,
Suso Lista said…
Pois que o disfrutedes. Bicos
Publicar un comentario
<< Home