Mundo á parte

06 noviembre, 2006

Algúns soños si se cumpren

E se nos deixamos levar polos soños?

Poñamos a andar a mente. Poñamos que temos a oportunidade de ir a ese sitio onde sempre quixemos estar. Que podemos ocupar o lugar deses que tanto admiramos e que sentimos a ledicia de sabernos creadores de sorrisos e de ilusións.

Somos "papaventos". Como tales gústanos voar, fantasear e construir castelos no aire. Onte un deses castelos ficticios mudou en real. Chámase Teatro Principal e está en Santiago.

Poñamos que un soño se cumpre. Que podemos ocupar o lugar deses que tanto admiramos e que, máis que nunca, sentimos a ledicia de sabernos creadores de ilusións e de sorrisos, comezando polos propios.

Agora toca enfrontarse á realidade, pero ando polas nubes e non consigo baixar á terra...

20 Comments:

  • At 11:12 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Noraboa.
    Penso que isto non é nin máis nin menos que o que vos merecedes. Din que o tempo leva as cousas ó seu sitio, e velaí a proba. A ocasión meréceo e agardo vervos alí. Soamente desexarvos moita sorte e que o desfrutedes canto poidades.

     
  • At 11:29 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Pois si que se cumpren. Grazas, Sara, e grazas a todos os papaventos porque se estaremos no Principal é por cada un de vós.

     
  • At 8:15 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Isto xa non é un castelo no aire, e a realidade, as ilusións de horas de adicación e traballo,o premio merecido e a bon seguro recompensado polos agradecementos de cantos vos poidan ver no Teatro Principal, ogallá o meu tempo me permita disfrutar da vosa representación.Un dexeso de grandes triunfos.

     
  • At 9:53 a. m., Anonymous Anónimo said…

    NORABOA.

    NON O PERDEREI.

    SO POLOS TEUS OLLOS

     
  • At 10:48 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Ai, sariña, como se che poñen os anónimos...

     
  • At 11:41 a. m., Blogger Unknown said…

    Felicidades!!! A ver se me coincide ben e podo veros en directo na escea... (ese día teredes os aplausos asegurados)

     
  • At 3:54 p. m., Anonymous Anónimo said…

    SOLO QUERIA DISCULPARME.

    Perdoa Sara por insinuarme cobardemente.

    Non o farei máis.

    Un corazón engaiolado.

    COMPOSTELA

     
  • At 4:25 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Jajaja! Sara, yo me meo. Pero que lles botas, muller!
    Y ahora, a lo serio, ya que no te veo en clase (no me vas nada últimamente, jaja)te comento que me siento capaz (y con ganas) de aplazar asuntos varios para achegarme al Principal, cuando sea el momento.
    Cuando pienso que aún no te he visto con tu grupo de teatro ni una vez me doy cuenta de lo fácil que se va el tiempo...

     
  • At 4:34 p. m., Blogger *Sara said…

    Moitas grazas a todos :). Á maioría espero vervos "O Día" no Principal (e antes tamén, claro).
    Usuario anónimo que se disculpa, non tés por qué que non fixeches nada malo! Podías ser máis valente e esas cousas, pero... En fin. Espero que veñas vernos por máis cousas que polo dos ollos e tal. Aínda que o caso é que veñas... jeje.

    Unha aperta a todos. :)

    P.D. Bea, non vou moito polo das prácticas na TVG e iso (aínda non teño moi definido o horario) pero cando vou non te vexo nunca!! Por que será?? ;)

     
  • At 5:13 p. m., Anonymous Anónimo said…

    AI!!!!

    Se tepodera falar ainda que foxe un instante, cheirar as túas palabras no aire,bicar as túas ideas da vida, sentir os teus ollos máxicos, ...

    Pero non vas nada pola facultade e así é imposible.

    Sara, a que cheira a paixón?

     
  • At 11:45 a. m., Anonymous Anónimo said…

    O MEU SOÑO É ...

    ... SAIR DESTE "ARMARIO" QUE ME PECHA E PODER SENTIR A LIBERDADE.

     
  • At 2:27 p. m., Anonymous Anónimo said…

    tan so kero participar da felicidade ke sentides todos e todas os de Papaventos por tan importante noticia, pero se me permites, decirche que ese día debe ser para disfrutar, para que disfrutedes, ke non vos poida a responsabilidade porque non tedes ningunha, tan so tedes que facer o que sempre fixestes, ke non é outra cousa ke actuar maravillosamente. un bico e a seguir soñando...

     
  • At 4:38 p. m., Blogger *Sara said…

    Tránsito, levas moita razón, eu tamén agardo que os nervios me deixen tranquila (nunca mellor dito) para gozar dese día ao máximo :). Graciñas polo teu apoio incondicional e oxalá que os teus soños tamén se cumpran prontiño (vas por bo camiño). ;)

    Aos anónimos non vos respondo porque xa me fago un lío e non sei se sodes todos a mesma persoa (que o dubido), se me deixastes varios comentarios...

     
  • At 8:36 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Me encanta o comentario de tránsito, espero que os nervios nos deixen ser capaces de tomalo así; se imos a disfrutar e nos brillan os ollos e os sorrisos, todos disfrutarán con nós, temos que conseguir ter "luz propia", como Fina dixo que tivemos o día da estrea. Gracias a todos os papaventos por compartir isto con vos

     
  • At 12:30 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Cando os soños se comparten, dalgún xeito empezan a facerse realidade.
    Felicidades!! por moitas cousas, pero unha das máis importantes..a alegría que transmitides porque por encima de actores e actrices...sodes un grupo de amigos loitando polos mesmos soños

     
  • At 10:55 a. m., Anonymous Anónimo said…

    ando na BLOGOTECA.COM

    A ANONIMA

     
  • At 11:18 a. m., Blogger paideleo said…

    Hai soños bonitos e bastante doados de acadar.
    Ogallá volva repetirse e que outros soños sexan realidade.

     
  • At 12:22 p. m., Blogger *Sara said…

    Grazas a todos os que me seguides escribindo mensaxes de felicitacións e bos desexos.
    Usuaria anónima, se tés blog, por que non firmas coa túa identidade?

     
  • At 12:40 p. m., Anonymous Anónimo said…

    POR MANTER O INTERESE E POR MEDO AO REXEITAMENTO.

    ADEUS

     
  • At 10:44 p. m., Blogger Alba Sandá said…

    Parabéns!!! que teñades moita sorte!

     

Publicar un comentario

<< Home