Mundo á parte

18 julio, 2006

En resumo...

Se Elianinha me di que actualice, eu actualizo, que menos! Como é a única que mo pide... ;D. O certo é que non me apetece demasiado, todo sexa dito, aínda que por outra banda sei que é bo dar sinais de vida de cando en vez. Pero é que estar case toda a tarde diante do ordenador, tamén cansa, ¿eh?
Esta fin de semana foi un paréntese neste verán atípico ao que xa me acostumei. Logo de traballar doce días seguidos, á fin chegou ese ansiado par de días libres. Comezou cun venres no que a nosa intención era marchar logo do traballo a Ribeira, cidade centenaria. Non para ver aos reis, claro, senón para durmir polas mañás, ir á praia polas tardes e pasear por aí polas noites. Porén, ao saír de traballar fomos tomar algo por aí con Alba, despois decidimos dar un paseo e comer un xeado, chegamos ao Obradoiro, de paso quedamos a escoitar o pregón (que foi aburrido, penso), e, xa que estabamos, quedamos a escoitar un par de cancións de Rosa (siiiii, a de OT... -vai por ti, Bea ;)-, ese par convertíronse en todas porque coñecimos a uns peregrinos-ciclistas de Madrí, moi simpáticos eles, levámolos "tomar queimada", fixémoslles compaña un pouco... e deron unhas cantas horas máis das que tiñamos previsto para marchar a Ribeira. Foi desas noites nas que non tes plan ningún e acabas pasándoo xenial porque todo se vai encadeando sen saber que vai ser o seguinte.
E en Ribeira, o dito. Desconexión total. Hoxe volvimos directas a Galicia Hoxe e entereime de que saiu publicada onte a miña primeira entrevista, é dicir, o meu primeiro traballo firmado. Estou contenta. Pronto haberá máis. A verdade é que estamos moi a gusto alí, tivemos sorte, porque nos tratan ben, escribimos en galego, a xente é en xeral moi agradable e temos un bo horario e un bo lugar, aínda que non se libra da calor... E tamén me alegra saber que os meus amigos tamén están contentos cadaquén no seu lugar de prácticas. E saber que teño setembro limpo e que nunca máis estudarei apuntes de Xornalismo Especializado. Iso. En xeral, estou ben. Só que, ás veces... Bah, ás veces nada.

7 Comments:

  • At 8:17 p. m., Blogger Elianinha said…

    Noraboa pola entrevista (lina, e estaba moi ben).
    Ánimo!

     
  • At 10:02 p. m., Blogger cneirac said…

    Xa comezábamos a ter mono! Imaxino que algún día comentaras ese 'Bah' ollando cara atrás e botando unhas risas. Iso desexo. Stay tuned!

     
  • At 10:07 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Jurjurjur! Pues yo, que me asusté al ver entrar OT por las puertas grandes de mi vida,el viernes hice una cura de mi musikita. Jejeje! Revisaré la hemeroteca de la agencia en busca de tu entrevista...

     
  • At 12:30 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Acabó de leer la entrevista nenita!! Y está muy bien! Toda profesional, parece que fue ayer cuando le salía el primer diente y mírala ahora....(snif, snif)

     
  • At 11:13 p. m., Blogger amarante said…

    bah...???

     
  • At 5:52 p. m., Blogger Unknown said…

    Noraboa!! eu aínda lembro con ilusión a primeira vez que publiquei unha nova firmada da que me sentín orgullosa... ogallá teñas moitos días unha sensación coma esa!

     
  • At 1:22 a. m., Blogger *Sara said…

    :)

     

Publicar un comentario

<< Home