A televisión e os seres vivos
Non. Non vou comentar ningún documental de animaliños, nin falar doutro tipo de seres vivos que asoman a diario polas nosas pantallas de tv. A historia é que mércores teño un exame de xéneros televisivos e, estudando os apuntes de clase, descubrín que... En fin, mellor póñoo literalmente:
"Os xéneros evolucionaron igual que os seres vivos: do mesmo xeito que poden desaparecer, tamén poden rexurdir".
¿É posible que poidamos chegar a convivir con dinosauros? ¿Ou é que xa é seguro que todos os seres vivos resucitamos? ¿Que intenta dicirnos?
A miña profesora e os seus parecidos (ir)razoables.
4 Comments:
At 7:45 p. m.,
Elianinha said…
E aínda non vos falou de comer ficción?
At 10:51 p. m.,
Anónimo said…
comer ficcion? rexurdimentos de seres vivos?
PERO A VOS Q VOS ENSEÑAN?
At 1:03 p. m.,
cneirac said…
refírese a un xénero hermafrodita?
At 4:51 p. m.,
Anónimo said…
Ah! Pero estabas de cumpleaños??XDD. Para acabar la faena de olvidarme de TU día, te dejo este post... 4 días tarde??????
Ya se sabe que lo bueno siempre se hace esperar!! FELICIDADES WAPISISIMA!!!!!!!
Publicar un comentario
<< Home