Mundo á parte

10 junio, 2006

"Happy end" para unha historia do cine

Despois de ter Teoría e Historia do Xornalismo no primeiro cuadrimestre, moita xente decidiu non escoller como optativa Historia do Cine. A razón fundamental: o profesor e o seu método.
Hernández Les é un home ó que lle gusta falar de Camus e da traxedia grega, quizais a un nivel que non resulte fácil de asimilar as primeiras veces que o escoitas. Non é un profesor "ao uso", pois na facultade non tiven un que se lle parecera á hora de dar clase, e iso que xa tiven algúns deses mestres "inesquecibles", á marxe de se o que aprendín con eles tivo ou non que ver coa materia que lles correspondía dar. A todo isto, se queredes ver o estilo de Les, ten blog (recomendo tempo e anzos para lelo).
Eu quería estudar cine, porque me gusta. Recoñezo que me daba medo despois do exame de Tª e Hª do Xornalismo, pero preferín escoller algo que me motivara a unha asignatura que pouco me dicía. Ademais, a xente que xa pasara pola experiencia, aseguraba estar contenta co profesor, que se aprendía moito con el. De feito, o cinema é a paixón de Les, xa que antes de dedicarse á ensinanza foi crítico desta arte.
Agora, incluso despois de facer un exame típico del, a base de preguntas rebuscadas tendo moita materia pola que preguntar, non me arrepinto de ter pasado a maior parte das tardes da semana na aula de Visionado 1, onde aprendín máis do que agardaba. Recoñezo que era totalmente inculta en cuestión de cine. Griffith, neorrealismo italiano ou Ordet soábanme a chinés, e seguro que se non tivese estudado esta optativa, estaría nas mesmas.
Sei que traballamos moito, pois tivemos que facer críticas dende o primeiro momento sen saber nin por onde empezar (falo da maioría, claro). Pero tamén sei que ante min pasaron algúns dos filmes máis grandiosos de toda a historia do cine, que coñecín aos seus creadores, as circunstancias que os rodeaban e, sobre todo, o que aportaron tanto artística como persoalmente ó mundo da séptima arte. Pola miña conta, estou segura de que non aprendería tales cousas.
Non sei se levarei moito máis dun aprobado raspado na asignatura, pero non me importa. Estou contenta con ter coñecementos sobre a séptima arte, esa da que o primeiro crítico de cine, Ricciotto Canudo, sinalou coma o epicentro e a culminación de pintura, arquitectura, escultura, poesía, danza e música. É dicir, como a conciliación de tódalas demais artes.

2 Comments:

  • At 5:06 a. m., Blogger acedre said…

    A verdade e que da gusto aprender algo cun profesor enamorado da materia.
    A min pasoume con arte en BUP. E unha ledicia aprender as caracteristicas de distintas epocas arquitectonicas e despois ir pola rua e saber a que estilo pertence este ou aqueloutro edificio.
    Aledome de que aprendeses. A nota e un detalle transitorio sen tanta importancia.
    Un saudo.

     
  • At 9:00 p. m., Blogger cneirac said…

    Ás veces é difícil avaliar como pode influír na túa formación, na carreira, o feito de que unha materia que te atrae teña por docente a un óso ou a un energúmeno. Coido que acertaches en non te amedoñar neste caso e aínda que non coñezo ao ínclito semella que ten máis fama de óso que de enrgúmeno.

    Eu tampouco me deixaría intimidar por un materia cun profesor duro, pero si que preferín no seu día non apuntarme nunha materia que me gostaba porque na primeira aula o profesor demostrou a súa nula talla humana.

    Que se lle vai facer...

     

Publicar un comentario

<< Home